ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

por qué o PP odia a república e os españois deberían agardecela

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 29 Outubro 2012 @ 10:21 p.m.

Que España se dirixe cara a un novo réxime político parece cada máis incuestinábel. E desexábel, porque a república é un réxime moito máis razoábel  e moderno que a monarquía. Porque a estas alturas seguir mantendo unha familia real que goza de privilexios especiais, tan especiais que inclusive as infantas non teñen obriga de saber o que fai o seu marido cos seus propios cartos, e vivindo a corpo de rei sen outro merecemento e custeados por todos os españois (eses que si teñen que saber o que fai a súa parella consorte!)

Á dereita dálle medo, un medo enorme e atávico, porque as experiencias republicanas din que é o pobo quen más ordena e entón eles quedan fóra de lugar. Á extremadereita, que é a que temos en España. Á dereita razoábel non, saben xogar en igualdade de condición e non teñen problema con iso.

Mais non e esta a única razón que atemoriza, que apavora a extrema dereita, os Raxois, os Aznares, e demais ralea menor (Feixós, Ruedas etecé). O que realmente lles revolve o estómago  e polo que sementaron/semantan a sociedade de prexuízos antirepublicanos é outr cousa. É que, se chegamos a un réxime republicano, España deberíalle esa entrada na modernidade ( aínda que ben a destempo) ás perifeirias, a Galiza, Euskadi e Catalunya, porque sen elas deficilmente se acadaría un réxime republicano.

É dicir. Os españois cometen un erro monumental prestando oídos ao PP e os seus prexuízos, que unicamente camiñan cara ao atraso, o atraso permanente. E son precisamente as odiadas periferias as que garanten a modernidade de España. Iso nin o recoñecen nin son quen de aceptalo, a súa intransixencia é así, e está mal que os españois teñan que pagar por ela.

Porque, a ver, inclusive volvendo a vista atrás, desde a mesma Ilustración son as periferias as que lle deron algo de grandeza a España. Que sería de España sen as achegas das periferias? De onde proceden a industria, a banca, a enerxía,  a pesca, os alimentos básicos como o peixe e o leite?

Os españois denerían ser os primeiros interesados en que non houbera malestar nas periferias e atender os berros republicanos. Polo menos se queren seguir ben abastados, e a bo prezo, de leite, de peixe, de libros…E seguir pagando a enerxía ao mesmo prezo que en orixe, que non é privilexio pequeno…

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.