ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Outubro, 2012

sobre o insulto

Posted: Venres, Outubro 19th, 2012 @ 6:25 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, VARIA NATURA | 1 Comment »

Hai tempo que veño matinando en facer un concurso de insultos, como fórmula para provocar a creatividade escrita. Porque o insulto -ollo, tamén depende do lugar onde esteamos- até se pode dicir que é algo consubstancial ao ser humano, algo case tan vello coma o ser humano. Aínda que non sexa precisamente algo que dignifica […]

sobre INDETERMINACIÓNS e EXTREMISMOS

Posted: Xoves, Outubro 18th, 2012 @ 6:06 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en sobre INDETERMINACIÓNS e EXTREMISMOS

Non, non son boas a indeterminacións, non é bon non saber con quen falas, non é bon  non saber quen tes á túa beira. Non é bon, recoñézoo. A min pásame, cando non teño un título planificado para ler determinada semana…remato por facer dúas ou tres lecturas. Xa me aconteceu a semana pasada, comecei cos […]

Feixó, desde dentro

Posted: Mércores, Outubro 17th, 2012 @ 5:31 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Feixó, desde dentro

Páxina 6, pola dereita, de aí é de onde examino a sinatura de A. Núñez Feijoo. Adianto, a miña formación como grafólogo é puramente autodidacta. Aínda así. Circula por aí unha análise grafolóxica. Un tanto, ou moito, apresurada. Nótase na categorización dos períodos breves. No seu amoreamento. Na necesidade de dicir moitas cousas en pouco […]

o PODER para a REVOLUCIÓN DEFINITIVA

Posted: Martes, Outubro 16th, 2012 @ 6:44 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en o PODER para a REVOLUCIÓN DEFINITIVA

Nunca, na Historia dos tempos vividos, o panorama lector foi tan complexo, e inclusive até pouco doado de comprender. Porque unha nena de 14 anos ( e non falo de suposto ningún, senon de experiencia vivida) pode ( é dicir, difruta do poder de) coller Ortigas, lelo con interese tanto que remata converténdoselle en libro […]

control político da lectura: 22 exemplos e unha indignación

Posted: Luns, Outubro 15th, 2012 @ 5:13 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en control político da lectura: 22 exemplos e unha indignación

“O que cómpre, agora, é que cada vez quede menos xente que desvincule a lectura do mundo en que vive.” Así remataba a crónica libresca “ O aviso do gran tiburón branco” que no Galicia Confidencial publiquei a semana pasada sobre Gran tiburón branco de Samuel Solleiro. E aí quero comezar esta reflexión sobre lectura […]

españois, que celebrades hoxe?

Posted: Venres, Outubro 12th, 2012 @ 3:36 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en españois, que celebrades hoxe?

Que celebrades hoxe? -O que roubastes en todas e cada unha das colonias? A cambio de que? De enfermidades para as que non estaban protexidos? -Que lles fostes levar unha civilización e unha relixión? Eles xa tiñan civilizacións propias, eles xa tiñas relixións propias. E non era mellor a vosa, agachada detrás da espada ensanguentada; […]

sempre que me falan de España teño unha disputa

Posted: Xoves, Outubro 11th, 2012 @ 5:42 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en sempre que me falan de España teño unha disputa

Quere Wert españolizar Catalunya. Quere o PP españolizar a eito. E velaí que Feixó I O Atrasador está a españolizar na Galiza descocadamente. Mais, que significa españolizar? Atentos, vexamos o Diccioanrio da RAE, non acudimos ao doa RAG para que non poidan acusarnos de extemismo. Velaí: dar carácter de español. E só se lle pode […]

en África non hai tolos

Posted: Mércores, Outubro 10th, 2012 @ 6:14 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 3 Comments »

Vin o outro día como Gonzo, en El Intermedio de La Sexta, falaba, para toda España, en galego. E non morreu ninguén por iso. Vin tamén como poñían a parir o goberno Raxoi, por aquilo de que os sen papeis veñen de turismo sanitario. Vin e penso. Penso que en África non hai tolos. Que […]

o debate de onte, o de hoxe e o de mañá

Posted: Martes, Outubro 9th, 2012 @ 5:45 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o debate de onte, o de hoxe e o de mañá

Ao que se viu/escoitou onte, chamarlle debate é como pretender cun vaso de auga alagar o deserto. Ou como crer que as análises da prensa de hoxe responden a meditacións valorativas non mediatizadas sobre o que se escoitou/viu. Iso hai que dicilo antes de nada. Porque por debate débese entender outra cousa, débese entender por […]

contra Madrí

Posted: Luns, Outubro 8th, 2012 @ 1:26 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en contra Madrí

O mundo está cheo de prexuízos. E iso non é o malo, porque o verdadeiramente execrábel, o verdadeiramente nocivo, é que gobernen a vidas persoas. E si, os prexuízos son xuizos irracionais, viscerais. E tamén, aínda que dea vergoña allea dicilo, impóñense sobre os xuizos racionais. E gobernan vidas. Está de actualidade o de Castelao […]