ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Novembro, 2012

e así estamos…

Posted: Venres, Novembro 30th, 2012 @ 12:25 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en e así estamos…

Hoxe toca CULTURGAL. E xa estou ranquilo. Porque a mañá comezou de xeito movidiño. Durmín mal (sempre me pasa se teño viaxe) e  cando o son do teléfono me espertou enmarañeime coa dedos, non dei apagado a larma e o chismo seguía tocando e espertando a casa, así que o apaguei. E, condo o volvía […]

letras lésbicas

Posted: Xoves, Novembro 29th, 2012 @ 4:03 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 6 Comments »

Estou lendo dous libros escritos por mulleres, un en prosa e outro en verso. Hoxe quero reflexionar a partir do de María Reimóndez: En vías de extinción. Petisqueino antonte e lévoo xa ben adiantado. María Reimóndez é unha gran narradora. Ponse  a contar e resulta moi complicado non se sentir engaiolado pola súa arte narrativa. […]

dimite, Valentín, o cu non son as témporas

Posted: Mércores, Novembro 28th, 2012 @ 6:27 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA | 4 Comments »

Tiña eu confianza no Director Xeral de Política Lingüística, e así o expresei nesta Ferradura. Tiña eu confianza, malia non ver resultados do que se supón ser o seu traballo, resultados case nulos e mal orientados. Tiña, porque vén tirar ao lixo unha confianza que, polo visto, non merecía. “É un decreto que non crea […]

o mal do leite/ou o valor do nome das vacas

Posted: Martes, Novembro 27th, 2012 @ 7:33 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

 A miña familia foi productora, toda. Hoxe creo que só queda un membro que siga sendo productor. Eu mesmo me lembro estudante do BUP a facer follas voandeiras sobre o conflito do leite, este mesmo conflito que agora leva a que os gandeiros non entreguen o leite. E xa choveu para que o problema siga […]

unha sociedade a punta de pistola

Posted: Luns, Novembro 26th, 2012 @ 3:05 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en unha sociedade a punta de pistola

Título: A punta de pistola Autor: Fran Alonso Editorial: Xerais Pixie e Dixie son secuestrados, polos seus propios pais, que perderan a súa custodia e a recuperan polas bravas, a punta de pistola. Iso, a súa custodia. Porque para os dous rapaces non significa que recuperen o amor dos seus pais. Nin para os pais […]

Que vai facer o Colexio Profesional de Xornalistas coa censura de onte?

Posted: Domingo, Novembro 25th, 2012 @ 3:34 p.m. in manipualción informativa, NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

O de onte de LVG é algo máis que outra noxenta mostra de censura e de manipulación, algo a que é moi dado o xornal de Santiago Rey y Cierra España, tanto que é inconcebíbel falar de censura e manipulación sen falar deles en primeirísimo lugar. É algo máis polo que supón. A bandeira española […]

antes de que me permee a furia

Posted: Sábado, Novembro 24th, 2012 @ 12:40 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en antes de que me permee a furia

Está de moda falar/escribir sobre sociedades intervidas. Véxanse senón as “queixas” reiteradas de que Europa condiciona o desenvolvemento de España, Portugal, Grecia, Italia… Porque é moi estreita a marxe de decisión propia. Ben pois as mesmas persoas que emiten esas queixas deberían entender á perfección as queixas de cataláns, galegos e bascos, porque o problema […]

Xunta do Secuestro da Razón e a Xustiza

Posted: Venres, Novembro 23rd, 2012 @ 6:42 p.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Xunta do Secuestro da Razón e a Xustiza

Non é nada doado, podería parecer  o contrario mais non é nada doado escribir a cerca da sentenza do TSXG que denuncia a ilegalidade de puntos estratéxicos do Decretazo de Plurilingüismo, co que a Xunta varreo galego do sistema educativo nas cidades. Ben puidera parecer o contrario, pois non semalla complicado alegrarse e furar no […]

o médico de garda de Brión (léase Braion)

Posted: Xoves, Novembro 22nd, 2012 @ 8:56 p.m. in VARIA NATURA | 2 Comments »

Creo que nunca o contei. Unha vez convidounos a unha amiga e mais a min a unha sardiñada na súa casa. Cando o vin abrir a porta con aquelas dificultades, non quixen pensar no atrevemento que tivemos de viaxar con el de conductor. Como viña algo prexudicado botouse cara ao baño e mentres nos dicía: […]

D. Francisco e a verdade dos inocentes…

Posted: Mércores, Novembro 21st, 2012 @ 6:46 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en D. Francisco e a verdade dos inocentes…

Os nenos, teoricamente, non saben o que é a mentira. Os borrachos, teoricamente, non están en situación de preocuparse polos efectos que causa dicir a verdade. Manuel Veiga, en Do G ao Z, recorre con certa frecuencia a aforística ou pensamentos autorizados que confirmen os seus escritos. Eis, logo, que na terceira entrada deste peculiar […]