ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a raíz do nacionalismo verde é moi mala de arrincar…

Filed under: Sen clasificar — 1 Novembro 2012 @ 7:53 p.m.

Vivir non é sinxelo, tes que tomar decisións e iso significa comprometerte, obrigarte. Vivir profesando o nacionalismo aínda o é menos, porque tes que aturar riba de ti o peso da podremia confabulada para te extinguir. Non, non falo demais. Se cadra quedo curto, porque é moita podremia a nos anegar.

Se es nacionalista, axiña aí está a (ultra)dereita a te poñer de extremista a ollos da xente, de extremista, se suxeito prescindíbel e de depuración desaxada no ben da sociedade.

Se es nacionalista, a maquinaria estatal estarate sempre vixiando, e á mínima lévate ao caldeiro para que aprendas, para que aprendas ti e, tamén, para que aprenda a sociedade quen son os “malos-malotes”. E ten moito poder a maquinaria estatal, porque é moita a engrenaxe da que dispón. Sen deterse ante nada. Inventan, poñamos por caso, aínda que non o haxa, un grupo terrorista, unha figura da maldade, e despois detéñente dicindo que pertences a ese grupo, e os medios de comunicación xe teñen carnaza para azuzar os cans contra o nacionalismo. Despois igual te xulgan e recoñecen que ti non tes que ver, ou non, dá igual, total que vai podrecer no cárcer é un nacionalista. Iso si, os membros do PPartido do PPoder, indúltanos por moi criminais que sexan e non pasa nada máis que outro auto pola estrada.

Entón, así as cousas, como é que non dan extirpado o nacionalismo, esa periferia exacervada? Porque segue habendo  nacionalistas? Non dan aprendido?

Pois porque é moi difícil derrotar a quen sabe que ten razón, pódese eliminar persoas mais non ideas.

E como sabe un nacionalista que ten razón?

Pois tampouco cómpre demasiada espabilina. Primeiro porque, ao longo da Historia, sempre foron as periferias as que tiraron do carro,a ver que ían comer os romanos ( de Roma)  sen o abasto das periferias!, que sía ser do Imperio Español sen as periferias americanas!, do español o de calquera outro. Nas periferias está a riqueza, está anovación, está o futuro. Proba: o Imperio, calquera, mantense mentres é quen de incorporar periferias e estas alucine con pertencer ao Imperio…despois racha.

O Imperio sempre se baseou no Capitalismo, o capitalismo máis salvaxe como forma e fondo, único contido posíbel.

E os nacionalismo parten da esencia, e a esencia é anticapitalista porque é humanitaria. Sabe que as teorías economicistas que sustentan o capitalismo son falsas, sempre  o foron por moitos doutorandos que as adornen.

Alguén quere mellor proba da mentira, da ineficiencia, das teorías económicas capitalistas? Si, pois que consulte os datos do desemprego…

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.