ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

REFUNDAR A SOCIEDADE, quen se atreve?

Filed under: manipualción informativa,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 5 Novembro 2012 @ 2:34 p.m.

Desta crise, se se quere saír, hai que facelo refundando, reescribindo os peares básicos polos que se rexe a sociedade. A todos os niveis. Por exemplo: non se pode consentir que roubar un par de xamóns signifique cárcere e roubar (como pasou/pasa nesta crise) miles de millóns leve acompañada a gratificación de que vai ser cubertas esas pérdidas coa suor dos máis pobres mentres eses desalmados incompetentes nada na abundancia. Seguro que estamos de acordo niso.

E esa refundación ten que partir da vida política, a fin de contas é ela a que representa a cidadanía. A todos os niveis.

A nivel galego, que todos os partidos perderan apoios e o único que os gaña é AGE debera facer reflexionar máis alá dos tópico “non soubemos explicar o noso programa” ou “de agora en diante debemos abirnos á sociedade. Non van ocnseguir nada con iso, nunca nada se conseguiu deica agora.

O PP debe reflexionar e correxir esa intransixencia que leva a que teñen que ter maioría absoluta para poder gobernar ( tanto en Madrid como en Santiago), intransixencia acompañada dun grao de reflexión e cultura moi baixo. Non pode ser, porque é antinatural, que un partido teña a razón ne todo ou se opoña en bloque a todo, nin sequera os “herdeiros do poder pola Graza de Deus”. Alén dos votos, cando todas as outras voces disinten é que algo pasa. Do mesmo xeito tampo é admisíbel unha oposición á totalidade de propostas gobernativas, tampouco é lóxico que todo o fagan mal.

Tamén a esquerda debe reflexionar, e moito. Outra volta, as nivel estatal deberían decatarse de que non fan nada por separado, que só unindo esforzos poden derrotar a dereita. É moito o que se xoga a esquera e é moito o que gañamos ou perdemos os cidadáns con iso, porque eles son os garantes dos dereitos do pobo mentres a dereita o é do privilexios dos ricos. Así de claro o vexo eu; porque non o ven eles?, ou, se o ven, porque non actúan en consecuencia? Os votos que recibiu AGE certifican o que veño dicindo.

Alén diso cómpre, a todos os partidos e á socieade enteira, blindarse contra os políticos trapallleiros e oportunistas que non aceptan as súas responsabilidades cando o fan mal, e recorren aos tópicos xa citados. Este tipo de políticos son os que impiden, en boa parte, o asecenso ou chegada de novas voces, esa voces imprescindíbeis para a renovación do partido.

Alén diso cómpre tamén revisar o papel da prensa, mergullada nun cada vez máis intenso proceso de perda de credibilidade. Como medios de comunicación que son teñen que garantir a veracidade do que contan, a sociedade non pode seguir aturando os niveis de  terxiversación, desinformación, hipocrisía, censura e manipulación da información. Para facer prensa partidista non se precisa desinformar do que fai o contrario, terxiversar o que di, silencialo, ou dosificalo de tal xeito que cando se di non teña impacto.Non, esaé prensa de covarde e débiles mentais/culturais.

E tamén, por suposto e alarmentemente urxnte, necesítanse uns mínimos  compartidos por todos os partidos sobre Educación. Porque o dereito á educación é básico e universal. Non pode ser que en cada mudanza de goberno haxa trocos na educación porque o obxectivo debe ser o mesmo para todos: garantir o máximo nivel cultural da cidadanía, do pobo, como motor de progreso e mellora económica e vital. Así de claro. Non pode ser que o PSOE propoña un modelo baseado nun tipo de educación á europea (unha mestura entre os métodos inglés e francés) que xa demostrou o seu fracaso; e que despois veña a dereita e impoña un tipo de educación aínda peor e que conleva unha regresión que como mínimo é de décadas e do outro século; non, mentres nnguén se fixou que os dous sistemas educativos mellores son o finlandés e o cubano?, porque non os toman como referencia? Por motivos políticos. E iso non pode seguir sendo así.

Falta partido político que asuma estas evidencias e as traslade á  sociedade para que se refunde con coñecemento de causa.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.