ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

D. Francisco e a verdade dos inocentes…

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 21 Novembro 2012 @ 6:46 p.m.

Os nenos, teoricamente, non saben o que é a mentira.

Os borrachos, teoricamente, non están en situación de preocuparse polos efectos que causa dicir a verdade.

Manuel Veiga, en Do G ao Z, recorre con certa frecuencia a aforística ou pensamentos autorizados que confirmen os seus escritos. Eis, logo, que na terceira entrada deste peculiar dicionario indignado, xa aparece Castelao, exemplificando o significado de garantía. Logo virán Manuel María, Thorwald, Tusón, Napoleón, JC Onetti, Beaudelaire, Norman Mailer, raymond Chandler, Hannah Arendt, César Aira, Valente….auxiliar o fluír discursivo do autor, un fluír discursivo a modo de dicionario que xa non é que queira procurar a verdade, non, a verdadade é que lle abonda con pensar e facer pensar, que non é pouco nin farrapo de gaita.

A min unha das cousas que máis me emociona é o recurso á sabedoría popular. Está ben que os grandes nomes do pensamento ou a arte deixen grandes frases ( algún deixa mellores frase que obras, por certo) porque, á fin ao cabo, é o que se agarda deles, que menos!, o resto sería unha profunda decepción, igual que as frases que van deixando ministros que criamos cultos e resultan burros de solemnidade. Por iso cando chega a sabedoría popular un sente como se democratiza o mundo.

E nesa procura da verdade a moi pouca xente se lle pasa pola cabeza acudir ao estamento eclesiástico, que non é precisamente a Igrexa lugar apropiado polo menso desde aquel allur la buscade  que Airas Nunes denunciou. Mais, sendo Manuel Veiga home adornado de múltipes saberes, velaquí que deu atopado a única explicación verdadeira das mortes e incivil represión desatadas polo bando fascista. E atopouno nas palabras dun cura, D. Francisco, párroco de Diomondi ( O Saviñao):

-Houbo que matar moitos, pero é que senón non gañamos!

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.