ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o médico de garda de Brión (léase Braion)

Filed under: VARIA NATURA — 22 Novembro 2012 @ 8:56 p.m.

Creo que nunca o contei.

Unha vez convidounos a unha amiga e mais a min a unha sardiñada na súa casa. Cando o vin abrir a porta con aquelas dificultades, non quixen pensar no atrevemento que tivemos de viaxar con el de conductor. Como viña algo prexudicado botouse cara ao baño e mentres nos dicía:

-Buscade a cociña!

Non foi difícil de atopar. Mais, cando volveu:

-Esa non, a de cociñar, unha pequena de dos fogóns, para a grande non hai butano…

Despois dun bon anaco de rebusca demola atopado…debaixo da cama!

Iso para que se vexa de que caste era o individuo. Porque o que quero contar é outro sucedido.

Chegaba sempre tarde. O curso comezaba ás tres e el  non aparecía deica as e media ou así, detrás duns lentes solares escuros. E un día pregunteilo:

-Como é que chegas sempre tarde?

Parou estantío. Miroume e soltou:

-É que a miña vida estáche condicionada por unha síndrome…

E quedei calado.

Porén, ao rematar, con toda a delicadeza do mundo volvinllo preguntar, cál era a síndrome aquela.

Volveume fitar serio, serio.

-A síndrome de Ballantines!

 

2 Comments

  1. jorgecimadevila:

    sempre preferín os que parecían a síndrome do ballantiens que aos que padecen ao do puritanismo, non me digas porque pero sempre os entendín mellor.. eles tiña paixóns, sede e fame, ruínas… os outros só un feixe de palabras catodicas e perfectamente alineadas.

  2. xmeyre:

    Unha cousa: os que padecen a síndrome de Ballantines son quen de derectar a súa dependencia, os puritanistas…en vez de recoñecela exercen a violencia contra quen llela diagnostique…
    Beizón, jorge

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.