ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Xunta do Secuestro da Razón e a Xustiza

Filed under: LINGUA,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 23 Novembro 2012 @ 6:42 p.m.

Non é nada doado, podería parecer  o contrario mais non é nada doado escribir a cerca da sentenza do TSXG que denuncia a ilegalidade de puntos estratéxicos do Decretazo de Plurilingüismo, co que a Xunta varreo galego do sistema educativo nas cidades.

Ben puidera parecer o contrario, pois non semalla complicado alegrarse e furar no asunto desde esa perspectiva.

Porén, un instante de reflexión devólveche a pregunta para que? Porque a Xunta, e a Xunta é o PP, está máis que habituada a moverse con toda tranquilidade polos corredores da ilegalidade. Alguén lembra o PP fora sancionado polos descatos á Lei Electoral? E non foi unha vez precisamente que o PP fixera trampas. No mesmo debate co candidato do BNG  foi Feixó e usou datos que só o PP podía coñecer por estar no goberno.

Esta noticia xurdida hai pouco ilustra ben claramente como o PP bota man do que sexa con tal de impedir o labor doutros partidos, usando a policía e o que sexa para beneficio único do PP. Cousa típica das ditaduras máis puras e duras. E tamén ilustra e pon no seu sitio o PSdeG, consentidor e colaborador necesario.

De feito a mesma Xunta xa vén de anunciar que, desafiando a xustiza, seguirá a consultar os pais. Así que dicir que a Xunta-PP son delincuentes é o máis lóxico e merecido. Outros casos nos que membros do PP e da Xunta son acredores desa denominación nin son nada complexos de atopar nin deixan de estar de actualidade.

Mais todo semella inútil porque o PP foi votado maioritariamente ( 1 de cada catro galegos votouno, vexan a maioría!). En San Caetano son máis ca ninguén,si. Mais non por iso teñen máis razón ca ninguén. A lección que se saca de todo isto é que todo vale, inclusive sendo ilegal, para loitar contra o galego; que o galego non conta con amparo ningún e se o ten non se lle fai caso.

É a súa maneira de desactivar a loita a prol do galego. Que, lembremos, é a loita a prol da cultura. Que, lembremos, é a loita a prol da economía, do benestar, da realización persoal, da xustiza. Non porque nós nos autoimpoñamos ese contido da loita senón pola súa deixazón, polo seu abandono, tristemente. Moi tristemente porque ningún partido debería renunciar a iso: á cultura, a economía, o progreso, a xustiza, e resulta moi triste comprobar que o PP non lle importa nadiña de nada.

A Xunta de Galicia, máis que de Galicia, é a Xunta do Secuestro da Razón e a Xustiza. Vergoñentamente. E impunemente. Onde está a democracia? Nos votos non, no traballo que ti e mais eu e outros moitos fagamos entre a xente. Porque a verdadeira democracia o PP empéñse en que aínda ten que chegar. E a loita por ela é unha loita en galego, por moito que lle pese e doia. A loita polo progreso é unha loita en galego.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.