ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

antes de que me permee a furia

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 24 Novembro 2012 @ 12:40 p.m.

Está de moda falar/escribir sobre sociedades intervidas. Véxanse senón as “queixas” reiteradas de que Europa condiciona o desenvolvemento de España, Portugal, Grecia, Italia… Porque é moi estreita a marxe de decisión propia.

Ben pois as mesmas persoas que emiten esas queixas deberían entender á perfección as queixas de cataláns, galegos e bascos, porque o problema é exactamente o mesmiño. A pregunta é: porque, logo, non o fan?

Claro que o mellor exemplo de sociedade intervida é o da galega. Exemplos onde a sociedade galega vota en contra de si mesma sobran. E cal é o voto en contra de si mesma? Moi sinxelo, o voto a partidos españolistas. Eis, esa, a grande diferenza que en Euskadi e Catalunya non acontece.

A nivel particular, ou descendendo na escala de xeralización, nótase especialmente no eido cultural. Mentres as sociedades basca e catalá son proteccionistas respecto do seu capital cultural, a galega vota a partidos que loitan contra ela. E tamén isto supón un diáfano índice de status cultural. Cando se viu en Catalunya ou Euskadi un Conselleiro de Educación (refírome a Susi Vázquez Abad) tan burro, por utilizar unha expresión da rúa, que toda España sabe do seu escasísimo nivel cultural? Claro que non é cousa só do Susi, pódese ampliar a toda a cúpula do (des)goberno ppeppeiril na Xunta!. Sinxelamente, un CO¡onselleiro a loitar en contra da propia cultura é impensábel en calquera lugar culturalmente decente, en calquera sociedade non intervida.

BNG, ANova… todos os partidos o saben. Os partido españolistas sábeno tamén. E son os único que tiran partido do asunto. E así será mentres BNG, ANova, Compromiso etc sigan pensando que a súa é só unah loita política, que suga ofrecendo as tristes análise de sempre: é que non nos soubemos abrir á sociedade, non nos soubemos facer entender…

A ver, meus, antes de que me permee a furia de tantas vedes repetilo sen que o souberades/quixerades escoitar: para entender é necesaria a cultura, condición si qua non, o voso traballo político comeza por aí, está claro!

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.