ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Que vai facer o Colexio Profesional de Xornalistas coa censura de onte?

O de onte de LVG é algo máis que outra noxenta mostra de censura e de manipulación, algo a que é moi dado o xornal de Santiago Rey y Cierra España, tanto que é inconcebíbel falar de censura e manipulación sen falar deles en primeirísimo lugar.

É algo máis polo que supón. A bandeira española é, na viñeta, un símbolo do castelán, e alborotáronse por iso. Alborotáronse por iso e nada menos que modificaron o traballo que Leandro lles enviou. É dicir, déronlle o seu nome a algo que el nunca fixo. E iso é moi grave, atenta directamente contra a liberdade de expresión. Directisimamente.

E pregúntome eu que fará o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, porque aquí debe mollarse. O tgraballo de Leandro é un labor xornalísticom e LVG, aínda que pareza mentira, é un xornal. O de onte atenta contra dúas das funcións e competencias que son propias  do Colexio, a independencia e liberdade informativa e o dereito constitucional á liberdade de expresión.

Digo eu. Non posicionarse equivalería e menosprezar o traballo dos humotistas como xornalistas.

Outra cousa que non se debe esquecer é a simboloxía. Á mínima póñense á defensiva se aparece polo medio algún símbolo españolista, mentres non teñen nin o máis mínimo reparo en meterse, sen belixerar contra os símbolos galegos.

É dicir, os símbolos españolistas campan onde queren e cando queren, e LVG e demais secuaces garantes ese privilexio. Mentres o símbolos galegos, perfectamente constituionais son continuamente atacados co prace inclusive de quen debera defendelos.

Así estamos. E non é xusto

Hai que facer algo.

Xa.

2 Comments

  1. Que vai facer o Colexio Profesional de Xornalistas coa censura de LVG?:

    […] Que vai facer o Colexio Profesional de Xornalistas coa censura de LVG? xmeyre.blogaliza.org/2012/11/25/que-vai-facer-o-colexio-prof…  por Randeeira hai 2 segundos […]

  2. Xavinho:

    Ainda que para nada estou de acordo coa censura de LVG, mentres o autor non o denuncie e tratándose dunha empresa privada, non sei que vai facer o colexio de xornalistas.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.