ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

dimite, Valentín, o cu non son as témporas

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,LINGUA — 28 Novembro 2012 @ 6:27 p.m.

Tiña eu confianza no Director Xeral de Política Lingüística, e así o expresei nesta Ferradura. Tiña eu confianza, malia non ver resultados do que se supón ser o seu traballo, resultados case nulos e mal orientados.

Tiña, porque vén tirar ao lixo unha confianza que, polo visto, non merecía.

“É un decreto que non crea problema ningún na comunidade educativa. Non hobo reclamación ningunha que tivese que ver coa aplicación práctica do decreto do plurlingüismo”.

Dicir tal cousa é manifestar un descoñecemento da realidade educativa só comparábel ao de Susi Vázquez Abad, ademais de constituír unha mentira como a catedral de Santiago.

Unha mentira burda e malintencionada. Como que non creou conflitividade nas aulas? Non creou conflitividade nos docentes insubmisos que continuaron impartindo en galego enfrontándose á Inspección e ao que falta fixer? Non é iso conflitividade? Non é conflitividade varrer case na súa totalidade o galego do ensino nos núcleos urbanos? Non son conflitivade todas as manifestacións que houbo e haberá reclamando xustiza para o galego?

É conflitividade, claro que é. Todos o sabemos. Igual que sabemos que non son os alumnos os únicos implicados. Nas aulas estamos os docentes, os alumnos e tamén os pais, que somos os implicados no proceso educativo. E todos protestamos, só quedaron por se manifestar as mesas, e as cadeiras, porque inclusive as pizarras e xiz se manifestaron. E, Valentín, ti escoitáchelo e víchelo, a menos que deviras cego e xordo. Que é moi posíbel, por outra parte, xa que o apego á carteira chea xera unha das xordeiras e cegueriras máis difíciles de erradicar.

Acabas de te enfrontar, directamente e sen vir a conto, coa comuidad educativa en pleno. Acabas, Valentín, de desprezar toda a loita que os que amamos a lingua de nós levamos facendo. Ti mesmo te acabas de inhabilitar para seguir exercendo de Director Xeral de Política Lingüística, porque o teu traballo debe consistir precisamente en canalizar e apoiar o labor normalizador que os que amamos e defendemos a nosa lingua vimos levando a cabo. Tan sinxelo como iso. E ti vés de desprezar a nosa loita reivindicadora, coma cousa que nin ten importancia e nin sequera existe.

Polo ben do teus fillos, polo ben de todos os nosos fillos, polo bende todos cativos galegos, para que non sexan alonxados do conñecemento da súa única lingua propia, polo ben de todos eles DIMITE e deixa que outro faga o que ti non soubeches/quixeches facer e que é polo que cobras, ou deberías cobrar, porque desde o nefasto Anxo Exterminador a DXPL é a Dirección Xeral de Exterminio do Galego, como ti vés de confirmar.

4 Comments

  1. Luz:

    Efectivamente, máis que unha dirección xeral de política lingüística vén sendo unha de exterminación da lingua… eu non sei se é o tema da carteira chea, pero algo hai para que quen chega ao posto de súpeto se converta no principal axente de exterminio, con algo os teñen que fumigar ou non se explica… E o caso é que o pagamos nós, os que temos fillos conversos nada máis entrar na escola, e os que temos que loitar diario cos prexuízos que unha e outra vez insisten en poñer de moda e en apupar, no canto de ilos esborranchando… ai, paisiño!

  2. Cibrán:

    Xa que falas de tirar ao lixo,

    http://cartaxeometrica.blogspot.com.es/2012/01/poder-e-oficio-na-sxpl.html

  3. xmeyre:

    Xa a coñecía, Cibrán. Beizón, de todos xeitos.

  4. xmeyre:

    Si, Luz, e imaxina o que dirían e farían se quedaramos calados e non houbera conflito…

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.