ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

e así estamos…

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 30 Novembro 2012 @ 12:25 p.m.

Hoxe toca CULTURGAL. E xa estou ranquilo. Porque a mañá comezou de xeito movidiño. Durmín mal (sempre me pasa se teño viaxe) e  cando o son do teléfono me espertou enmarañeime coa dedos, non dei apagado a larma e o chismo seguía tocando e espertando a casa, así que o apaguei. E, condo o volvía acender…non daba lembrado o numeriño máxico. Isto fixo que pasaran a segundo plano outras cousas.

Afortunadamente xa o lembrei, pouco antes de poñerme a escribir nesta bitácora en tránsito. Pouco antes, mais na intermediación viaxei pola rede, primeiro na procura da información diairia, e despois a ver que traía a rede sobre Antonio Fernández Morales. Do primeiro0 comentando, xa mentres viaxaba no coche cara ao traballo escoitei o parte das oito da Radio Galega, mais iso non sepode tomar como información senón como propaganda. Pagada cos cartos de todos os galegos, a CRTVG é un chiringuito de usufructo exclusivo para o PP, os seus informativos provocan máis risos que algúns programas humorísticos. Só tes dúas opción, ou rir ou permitir que os niveis de indignación acaden  límites pouco doados de aturar día tras día. E o peor de todo é que esa é a finalidade para a que o PP usa a CRTVG, inmobilizar a xente de tal xeito que pase por completo da política, co cal eles teñan as mans libres para facer o que lles apetezae  como lles apeteza. E, vistos os resultados electorais, estano a conseguir.

Xusto cando me poñía a escribir, a miña intención era continuar o de onte, seguir falando de letras lésbicas. Non é un tema que me resulte cómodo, e precisamente po riso. Precisamente por iso e tamén por constatar que xa se pode comezar a falar da literatura lésbica como subxénero ou nicho temático, xa non é flor de un día. E é agora, precisamente agora, cando cómpre estar ben vixiantes para que tal subxénero ou nicho temático non se vexa prexudicado porque calquera lle dea ao teclado coa única finalidade de  lograr textos cos que alimentar a sede de letras lésbicas. Isto é literatura.

Unha amábel tuiteira alertoume da exitencia dunha bibliografía crítica específica ao respecto. Porén son eu tan pouco dado a deixarme guiar de caiados…Estou en que precisamente esas actitudes onde unha determinada teoría ilumina un discurso que fóra dela non ten tan doada comprensión…son como caiados ou orelleiras que non deixan ver todo o camiño. Cousa, de crítica falando, extremadamente perigosa, porque xa non escribes a crítica de determinado texto, senón un exercicio que demostre a validez ( e grandeza, tantas veces) da teoría crítica que defendes.

E así estamos…

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.