ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Decembro, 2012

en defensa do Apalpador

Posted: Domingo, Decembro 30th, 2012 @ 9:21 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en en defensa do Apalpador

Non tiña abondo o Apalpador con non ser do dusto de Ferrín, que agora chega a cloaca intelectualoide facha a despotricar contra el. Intelectualoide porque un intelectual de verdade, xa non digo nin serio, non se permitiría dicir iso que di el, o do invento, o de querer roubar o Nadal tradicional. Non o diría […]

chegaron ás mans

Posted: Venres, Decembro 28th, 2012 @ 3:00 p.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en chegaron ás mans

Os enfrontamentos entre a Casa Grande de Quintela e  da cima da vila non eran novos cando o frío xeneral do noroeste ordenou ás paredes que escoitaram e despois delataran. Non. Mais tampouco eran tan vellos. A Casa Grande de Quintela non sempre fora a Casa Grande. E a casa da cima da vila comezou […]

María Manuela: a limpeza, as manchas e o silencio

Posted: Mércores, Decembro 26th, 2012 @ 7:35 p.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en María Manuela: a limpeza, as manchas e o silencio

Algúns anos despois de que as paredes recibiran orde de escoitar para despois contar, naceu, na casa dos Fondoreses da cima aldea, a nena María Manuela, sen pai e con dúas mulleres á fronte da economía familiar, María, a nai, e  Susa, a avoa, que picaban leña e araban mellor ca moitos homes, e mesmo […]

o que ha de vir e a verdade / conto de reis

Posted: Martes, Decembro 25th, 2012 @ 9:31 p.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en o que ha de vir e a verdade / conto de reis

Papeis de múltiples colores, que antes envolveran os obsequios, ficaban amoreados en desorde polo chan. Non lle sentaban ben as madrugas, e menos despois de se deitar ás tantas, agardando que o rapaz durmira ben durmido para deixarlle os paquetes. Así que o corpo pedíalle arrecantarse no pedazo libre do sofá e botar unha cabezada. […]

que se lle pregunta a un pai?

Posted: Luns, Decembro 24th, 2012 @ 5:26 p.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en que se lle pregunta a un pai?

Agardei a ter as dúas bolsas da compra ben equilibradas, unha en cada man. -Sabes? Esta mañá deume por pensar en cando era pequeniño é te ía recoller ao cole. Lembras como estaba alí, na porta, e cando chegabas te erguía no ar? Non me esquecerá nunca, nunca. -Eu era ben cativo, claro…tería catro ou […]

carta aberta aos votantes do PP

Posted: Venres, Decembro 21st, 2012 @ 6:57 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en carta aberta aos votantes do PP

Meus señores e miñas señoras, verán, escríbelles isto un funcionario de carreira do corpo docente, que ata o momento en que se pon a escribir isto non tivo un minuto de descanso no que vai de semana, e para quen é hábito traer o traballo á casa xornada tras xornada de xeito que a miña […]

do mar, de peixes e letras (cantiga de Nadal)

Posted: Xoves, Decembro 20th, 2012 @ 6:08 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en do mar, de peixes e letras (cantiga de Nadal)

Non é a miña intención hoxe escribir sobre a presenza do mundo do mar na literatura. A min, que son de interior, nunca deixará de parecerme un tema de moito interese. Mais velaí que atopo esta entrevista con María do Carme  García Negro e, á luz dos acontecementos que me habitaron a mañá, véxome na […]

Pardo Bazán, feminismo e roubo da Radio Galega

Posted: Martes, Decembro 18th, 2012 @ 9:30 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Pardo Bazán, feminismo e roubo da Radio Galega

É que escoitaba, hoxe, vindo do traballo, a redor das 14,30, como na Radio galega promocionaban o filme que hoxe van poñer na TVG. E teño eu como algo indiscutíbel que, de tratarse doutro filme, ou dun filme inequivocamente galego, nin se tería producido tal promoción nin o poñerían en prime time e si ás […]

as costuras da liberdade

Posted: Luns, Decembro 17th, 2012 @ 8:43 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en as costuras da liberdade

O pasado venres, no transcurso da Cea Literaria que se celebra logo da cerimonia de entrega do García Barros, onde este ano foi distunguido Santiago Lopo pola que é unha das agradábeis sorpresas deste ano, debatiamos a sobre a unicidade do texto literario ou a súa dispersión, pois  a Hora Zulú é un magnífico exemplo […]

Lector, Lector e Lector…e o amor

Posted: Venres, Decembro 14th, 2012 @ 2:41 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 6 Comments »

Lendo no Galicia Confidencial a  crítica do poemario Lusocuria de Verónica Martínez Delgado, marabillaronme tres comentarios feitos sobre a miña crítica. Sempre é unha marabilla que alguén lea; se ese alguén le un libro e tamén a crítica, a marabilla eleva o seu ton; e se ademais socializa a súa opinión xa estamos en termos […]