ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Xaneiro, 2013

a literatura en tempos de crise

Posted: Xoves, Xaneiro 31st, 2013 @ 6:52 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a literatura en tempos de crise

No ronsel do artigo de Pedro Feijoo quédanme algunhas cousas por comentar. Digo no seu ronsel porque foi artigo de Pedro quen mas espertou. A primeira delas, e pouco comentada polo que eu teño visto/lido, é algo que ten que ver co significado de best-seller para os galegos dos anos 80. É dicir, que agardaban […]

porque escriben os autores, valor da obra escrita /palabras para don AGustín Fdez Paz e dona Fina Casalderrey

Posted: Mércores, Xaneiro 30th, 2013 @ 9:31 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en porque escriben os autores, valor da obra escrita /palabras para don AGustín Fdez Paz e dona Fina Casalderrey

Ía eu cara á facultade de Mazarelos, pola mañá cedo, cando en sentido inverso viña un grupo de persoas, entre ese un escritor. -Pois eu escribo para ligar… É pode, e é, un motivo tan lexítimo como outro calquera para escribir. Nin é a primeira vez que conto o caso, nin tampouco a primeira en […]

Castelao, Otero Pedraio e os best-seller

Posted: Martes, Xaneiro 29th, 2013 @ 6:39 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Ás veces sen que nos decatemos. E asuminos as súas novas posicións case sen cuestionamento. Case, nesta Ferradura teño escrito arrdedor desa tendencia de exluída xa Xeración Nós a Castelao. Entendo que ideloxicamente pode ser convinte. Igual que entendo que haxa quen non entende ben que fai Catelao cun señor de misa diaria como Otero […]

indefensión, inseguranza, literatura e realidade

Posted: Luns, Xaneiro 28th, 2013 @ 6:56 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en indefensión, inseguranza, literatura e realidade

Dígolles que onte ben entrada a tarde me deu por consultar en internet a información pertinente á manifestación organizada por Queremos Galego en Santiago de Compostela. Diarios de “provincias” como Faro de Vigo, ou El progreso (Galiciaé) ou La Opinión non esquecían esta noticia. Porén resulta moi significativo que nin El País nin La Voz […]

un dos mellores libros de narrativa en 2012

Posted: Sábado, Xaneiro 26th, 2013 @ 2:47 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Cando encetei a lectura de Podería falar de nubes, este tíñame moi boa pinta. Segundo ía lendo ratificábame nela. Ratificábame, como mínimo, porque as expectativas ían subindo. Cando rematei a lectura non tiña dúbidas: é un dos mellores libros do ano, en narrativa. Sorprendente en grao sumo. Marabilla. Extraordinaria marabilla. Desde todos os conceptos. Tanto […]

entrando na polémica

Posted: Venres, Xaneiro 25th, 2013 @ 6:27 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Pedro Feijoo publicou no Galicia 21. Journal of Contemporary Galician Studies un artigo:” O best seller como elemento normalizador: fillos dun mar complicado”. Coñézoo por este artigo en Letra en Obras. Diso vou falar, sobre iso é a miña reflexión. Sinto un moi fondo respecto por quen escribiron os artigos. Comprendo e aplaudo a finalidade […]

Nathan Bates, malware LVG e a color de Feixó

Posted: Xoves, Xaneiro 24th, 2013 @ 6:14 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Nathan Bates, malware LVG e a color de Feixó

Certamente, algo falla aquí. Algo moi gordo, tanto como para a rede internética detectara o software malicioso de La Voz de Galicia… mentres á cidadanía parece que lle custa decatarse do malware que representan as ideas que difunde ese panfleto purulento que fai as veces de Diario Oficial da Xunta e do PP. Si, algo […]

vergoña, política e literatura

Posted: Mércores, Xaneiro 23rd, 2013 @ 9:47 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en vergoña, política e literatura

Moito é a falar de corrupción. Sáelle unha gorda ao PP e xa logo procuran atopar eles outra no PSOE. O ” e ti máis” eríxese no auténtico criterio rexente da política actual. Sendo que con ese ” e ti máis” non se limpan as condutas indecentes dun partido senón que a esterqueira se agrande […]

credibilidade política e literatura

Posted: Martes, Xaneiro 22nd, 2013 @ 6:47 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en credibilidade política e literatura

“Non me imaxino o xefe dos bombeiros de Nova York sentado nun tribunal por non ter impedido a caída das Torres Xemelgas”, dixo  Álvarez Cascos, en comparecencia motivada polas súas actuacións no infame desastre do Prestige. E pode, seguro que hai xente que detrás desas palabras atopa ecos de razón. Cando en realidade non é […]

o valor dunha lingua

Posted: Luns, Xaneiro 21st, 2013 @ 6:22 p.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o valor dunha lingua

1)Xistraba abondo, o sábado no Sangoñedo. Aínda ben abrigados e debaixo de teito, acudir a aquel partido de xuvenís estaba só reservado a auténticos amantes do fútbol. Como para imaxinar a que estarían pasando os xogadores. Por entreter mellor o tempo demos en conversar, mais o importante non foi o que dixemos para nós. Veu […]