ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

corrupSpain e a lnmunodeficiencia Cultural Crónica e os camiños da literatura

Spain, ese país dito así en fino, ese país typical ou eufemístico porque o tal tipismo o que agocha é a  teima de non querer ser como os demais. Unha teima política, porque a xente, fóra as especificidades de cada pobo en cuestión, é xente en Compostela, Madrid ou Kyoto, xente cunhas necesidades de liberdade e democracia absolutamente equiparábeis…

Mais a democracia española, esa si que é absolutely typical. Unha democracia na que non todos somos iguais ante a lei. O Rei e a Princesa son intocábeis e inmunes inclusive ao que fagan os seus cónxuxes; para ninguén é eximente o non coñecemento da lei, pero eles/elas nin saben o que os seus cónxuxes fan cos seus cartos!

Máis que Spain, isto é Corrupspain. E goberna Corrupspain o partido máis corrupto, ou un dos máis corruptos. Como o Rei e as Princesa, o PP apuntouse á moda do descoñecemento. Hai un señor, de apelido Bárcenas, 22 millóns de euros en Suíza, que desde o 1988 leva entrgando sobres de soldo extra a membros do partido, con pleno coñecimento da cúpula do partido, con despacho na sé do PP, secretaria e chófer  e defensa xurídica pagados polo PP…si, mais o PP di que non ten nin idea do que fai o señor Bárcenas.

É un exemplo, claro, porque querer tratalos todos sería propio de suicidas, mentres en Santiago de Compostela se falsifican documentos e case chegan ás mans. E, sobre todo e a nivel xeral, o PSOE ou a alternativa ao poder creada pola prensa, cala e consente, porque tamén podrece do mesmo mildiu. Velaí que, a nivel galego, se opoña á que se investigue o que fixo Paco Vázquez.

En tanto, o PP, obra que as condicións de vida dos españois sexan espectacularmente equiparábeis ás de hai arredor de 40 anos.

Ten pinta, o país Spain, dun pesadelo serie B, dun horripilante pesadelo serie B, mesturado con faladoiros televisivos vespertinos onde intelixencia e cultura nin son coñecidos nin agardados. VIPS de cartonpedra, botox e inmunodeficiencia cultural crónica, departen, reparten, e comparten marujeos (uso a propósito este castelanismmo) narcóticos que á xente lle alivien os pesadelos.

E chega o momento de falar de literatura, non ía quedar fóra.

Con esta panorámica, dirá alguén: menos mal que os camiños da literatura son outros. Craso erro. Non é a literatura quen desvía camiños.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.