ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o valor dunha lingua

Filed under: LINGUA,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 21 Xaneiro 2013 @ 6:22 p.m.

1)Xistraba abondo, o sábado no Sangoñedo. Aínda ben abrigados e debaixo de teito, acudir a aquel partido de xuvenís estaba só reservado a auténticos amantes do fútbol. Como para imaxinar a que estarían pasando os xogadores.

Por entreter mellor o tempo demos en conversar, mais o importante non foi o que dixemos para nós. Veu de fóra.

-Oes, e que son os que xogan contra nós?

-Pois non che sei. Mirei os carteis onte mais xa non che me acorda. Deben ser de por onda Vigo.

-Agarda, que lle vou preguntar a algún deles.

Eu sacudín os pés por entrar en calor e acompañeina coa mirada.

-Oíu, señor, de onde son vostedes?

-Como? No entiendo…

-Que de onde veñen?, en que campo xogan?

-Ya le dije que no la entiendo

-Pois se non entende non  teño nada que lle preguntar!

-Ah, bueno…

2) Así foi e así llelo conto. Mais da metade da poboación mundial é bilingüe, e os efectos positivos do bilingüismo está máis que descritos. Porén hai quen ten a gala a súa burramia. Nada pode agardar Galiza de quen nega as súas orixes. Non hai pobreza máis grande.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.