ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

credibilidade política e literatura

“Non me imaxino o xefe dos bombeiros de Nova York sentado nun tribunal por non ter impedido a caída das Torres Xemelgas”, dixo  Álvarez Cascos, en comparecencia motivada polas súas actuacións no infame desastre do Prestige. E pode, seguro que hai xente que detrás desas palabras atopa ecos de razón. Cando en realidade non é máis que que unha burda e demagóxica terxiversación, hábil manipulación lingüística para tentar limpar o seu nome, oxalá fixera tanto esforzo en limpar o chapapote. O procedemento seguido é moi simple: compara un atentado terrorista do que o o xefe de bombeiros neoiorquino imaxinamos inocente, cun atentado ecolóxico-terroroista do que el é parte culpábel. Dese xeito asimílase o nome de Álvarez Cascos co da inocencia. Un procedemento ben vello.

Xa digo, pode que mesmo haxa xente que o defenda con uñas e dentes, negándose a admitir outra posibilidade.

O mesmo que a Raxoi, que vén de dicir iso de que cunha auditoría interna e outra externa quere deixar limpo o nome do PP. Curioso, non? Auditar cartos en B! Auditar cartos que non aparecen nos libros de contas! Moi parvos terían que ser para non ter ben amañadas esas contas de xeito que non haxa sospeita dos cartos B!

Sinceramente, visto todo isto merece ben máis credibilidade o científico nórdico que en Podería falar de nubes (Francisco Castineira, Redelibros) é atopado por unha serea e namora dela. Merece moita máis credibilidade, é máis belo, non nos cuestiona o ben e o mal senón belo e a monstruosidade da vida diaria.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.