ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Nathan Bates, malware LVG e a color de Feixó

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 24 Xaneiro 2013 @ 6:14 p.m.

Certamente, algo falla aquí. Algo moi gordo, tanto como para a rede internética detectara o software malicioso de La Voz de Galicia… mentres á cidadanía parece que lle custa decatarse do malware que representan as ideas que difunde ese panfleto purulento que fai as veces de Diario Oficial da Xunta e do PP.

Si, algo falla, e moi groso, se é que a xente está tan habituada ao virus que xa o dá como algo normal…mais acode ao médico e medícase cando ten gripe, mais non dubida en levar o computador ao técnico e contrata un antivirus. Porque un computador non é coma unha vaca. Podíase entender que antes se levara a vaca ao veterinario que ir un consultar a propia gripe, mais o computador non dá de comer.

Quizá, quizá se comece a explicación desde un certo daltonismo crónico. Certa dificultade para recoñecer as colores da que Nunca Máis e todo o posterior ao Prestige parece que quixeron espreguizarnos.

A ver, que color lle asignarían vostedes a Feixó e os seus boys? Azul como o PP? Igual moitos dirán negro como o presente e futuro que nos deparan…

Pois non,  na miña opinión é outra a color que hai que asignarlle a Feixó e os seus boys. A color verde. Non o digo por iso da verde Galiza. Nin moito menos, impórtalles a verde Galiza tanto coma os mocos de pavo. Dígoo porque a color verde é unha das colores coas que se identifica os extraterrestres na linguaxe gráfica…e imos necesitando ser precisamente ben gráficos.

Extraterrestre, na súa acepción orixinal. O que é de fóra da terra. Non o entenden, od do PP. Non o entenden. Como van ser extraterrestres, como van de fóra se naceron dentro?

Lémbrame o caso de Nathan Bates, interpretado por Lane Smith, teimando en oconvencer os huamnos de que os alieníxenas non lles querían facer mal aos humanos. Na serie V. Natham Bates era terrestre, mais comportábase como se non o fora, convíñalle. Igual pasa co PP, LVG , Feixó e os seus boys, non se comportan como galegos aínda que naceran dentro. Ninguén que nace nunha casa bota pedras contra o seu propio tellado. E merece cualificativo nada honroso se para o seu beneficio aldraxan os moradores da casa e loitan contra eles.

Por certo, outra pregunta: como se coñecen inequivocamente réptiles?

Si, meus, señoras e señores, pola lingua!

Este domingo que ninguén falte en Compostela!

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.