ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

un dos mellores libros de narrativa en 2012

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 26 Xaneiro 2013 @ 2:47 p.m.

Cando encetei a lectura de Podería falar de nubes, este tíñame moi boa pinta. Segundo ía lendo ratificábame nela. Ratificábame, como mínimo, porque as expectativas ían subindo. Cando rematei a lectura non tiña dúbidas: é un dos mellores libros do ano, en narrativa. Sorprendente en grao sumo. Marabilla. Extraordinaria marabilla. Desde todos os conceptos. Tanto na inventio como na dispositio.

Digo narrativa porque, de momento, non me decido a clasificalo como novela, que ben pode ser, outras teñen menor ligazón entre os diversos textos que a conforman.

Dous subliñados que non dei resistido facer, xa polo reamte.

– Todos nós, nubes de bágoas na procura de alguén a quen choverlle (167)

-(…)comprendín que que se iso era unha despedida ela non marchaba (188)

Disfrutei moito léndo. E ese disfrute lembroume, e xa hai tempo, hai, o de cando lera as Elexías a Deus e o Diaño de Samuel Solleiro. E aínda por riba tratan temas moi contiguos. Se Solleiro imaxinaba como se podía atrapar a Deus, Francisco Castiñeira imaxina como Cristo, despois de morrer, chega á ventá de Admisión no Ceo.

Direi só unha cousa máis: non só é un libro para ler, é un libro para quedar. Do melloriño do 2012.

Xa sabedes, máis información no Galicia Confidencial. Esta noite escribirei a crítica. Parabéns tanto a autor, Francisco Castiñeira,  como a editores, Redelibros.

 

1 comentario

  1. chove en ningures » Blog Archive » Relecturas:

    […] conto con este texto, e en cursiva e ás agachadas porque me dá un algo dabondo de vergoña, deixo a nova das bonitas palabras do crítico Xosé Manuel Eyré sobre a miña obra Podería falar de nubes. Honrado e […]

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.