ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

indefensión, inseguranza, literatura e realidade

Filed under: CRÓNICA DA CRÍTICA,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 28 Xaneiro 2013 @ 6:56 p.m.

Dígolles que onte ben entrada a tarde me deu por consultar en internet a información pertinente á manifestación organizada por Queremos Galego en Santiago de Compostela. Diarios de “provincias” como Faro de Vigo, ou El progreso (Galiciaé) ou La Opinión non esquecían esta noticia. Porén resulta moi significativo que nin El País nin La Voz de Galicia, que pretenden unha información non tan restrinxida a unha provincia, dedicaran unha soa liña a esa información, nin unha soa. E se miran hoxe EP atoparán isto, algo máis ca sospeitoso de terxiversar a finalidade da manifestación.

A prensa élle así de “curiosamante” impune. Non temos máis que lembrar o caso de EP coa foto de Chávez entubado, burda manipulación, burda e moi dolorosa, que quedará absolutamente impune. Ao tempo.

Unha impunidada moi semellante é a da xustiza española (as minúsculas sonlles moi xustas), que crea cal prestidixitador condutas delictivas ad hoc, ancadea presuntos terroristas, moitas veces ten que liberalos porque non existían probas e outras moitas déixaos pudrirse nela sen dicir nada nin xulgalos.

Supoño que concordarán comigo no clima de inseguranza que estes feitos provocan. Inadmisíbel nunha democracia. Inadmisíbel, si, mais bos réditos que lle tirana esa inseguranza os poderes fácticos e reais.

Ben que lles convén ese clima de inseguranza, que de tan fartos que nos ten parece como se os culpábeis foran totalmente inmunes á repercusión das súas canalladas.

Falei de inseguranza. É o mesmo que dicir indefensión. A actualidade garda outras noticias deste calibre todos os días. Por exemplo o secuestro do Parlamento galego por parte de Pilar Rojo, non lembran cando os alclades do PP se manifestaban tan airados pola construción dunhas piscinas? Secuestrar o Parlamento!, porque esa é finalidade, impedir que a realidade acceda a el. Seica eran moi importantes as piscinas, seica os estafados polas preferentes son menos importantes que as piscinas do PP!

Mais esta é unha bitácora eminentemente de literatura e crítica, eminentemente literaria e crítica, e que concibe crítica e literatura como facetas da vida que non son alleas ás demais, onde están desde o deportes á política. ALgo no que me veño esforzando desde que a nacín. Porque a meirande parte da xente concibe as manifestacións culturais como unha rareza paralela á vida real. Sexan matemáticas ou literatura.

Tanto é así que moitas creo que a xente vai por diante e xa sabe que a vida é literatura, pura literatura, e polo tanto xa non hai nada que facer…

Porén, non se esqueza, a literatura de hoxe asigna un trascendental papel ao lector, o usuario. As vagardas supuxeron o case total abandono da función creadora, que pasou  a mans do lector.

Así que, meus, xa sabedes…

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.