ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Castelao, Otero Pedraio e os best-seller

Ás veces sen que nos decatemos. E asuminos as súas novas posicións case sen cuestionamento. Case, nesta Ferradura teño escrito arrdedor desa tendencia de exluída xa Xeración Nós a Castelao. Entendo que ideloxicamente pode ser convinte. Igual que entendo que haxa quen non entende ben que fai Catelao cun señor de misa diaria como Otero Pedraio. Enténdoo, mais teño claro que iso significa non entender a mensaxe máis fonda que nos deixou Nós: Galiza é obxectivo polo que loitan todos, e todos ben e favorecer a quen en mellor posición estea para lograr aquilo que a engrandeza. Serei eu só quen leu esa mensaxe da Historia? En todo caso, excluír a quen lle dá nome non deixa de ser curioso. En todo caso esa exclusión non serve para entender mellor nin a Nós nin a Castelao. E o que é inútil supón un esforzo igual de inútil

Mais cando sento a escribir isto vexo que teño que completar o que antes escribín a redor do artigo de Pedro Feijoo, o best-seller na literatura galega e esas cousas. Porque hai algo que non quero deixar pasar. Pódese escribir un best-seller en galego?. Ben, antes de nada : as cousas claras. Por best-seller enténdese esa obra escrita nunha sintaxe comunicativa (estrutura, tema, personaxes) que lle posibilite un número de lectores e vendas moi elevado. Porén, e moi importante, nunca todos os libros escritos na sintaxe best-seller, coas formas e contido porpios do best-seller, chega a entrar na listaxe de libros máis vendidos, que a é o que se vén entendendo como best-seller. Estou dicindo que si, que existe unha fórmula best-seller; e non é nada novo, xa Almeida Garret, no sempar Viagens na minha terra, o denuncia, e por suposto que se pode recuar moitísimo máis atrás.

Repito a pregunta: pódense escribir best-seller en galego/na literatura galega? Por suposto. Tanto obras que respondan á fórmula best-seller como “libros máis vendidos”. De como se foi adaptando a fórmula best-seller son testemuña privilexiada, privilexiada igual que calquera persoa que seguira de cerca o acontecer na narrativa galega. Entre Crime en Compostela e Os fillos do mar hai un mundo

E tamén, tamén é posíbel falar de “libro máis vendido”, serao mentres haxa libros galegos que se vendan. O que non se pode é pretrender acadar as cifras lectoras de sistemas con base social máis ampla.Non se pode pretrender porque non é posíbel facer tiraxes de 50.000 ou 100.000 exemplares. É inxustamente irresponsábel obrigar o sistema literario galego a cumprir as expectativas en vendas do sistema castelán, inglés ou francés. Cada un xoga na súa casa e en todo sistema literario pode haber best-seller ou libros máis vendidos.

E un engadido. Ás veces fálase moito de oído. Samuel Solleiro: “Pretender escribir un best seller nun contexto literario no que se venden 200 exemplares dun libro é bastante absurdo”. O número 200 faime pensar na poesía, sei que desvío un chisco o tema porque Solleiro debe referirse á narrativa, mais interésame seguir coa poesía. Hai best-seller en poesía? Non me cabe dúbida de que si, na acepción de “libro máis vendido” porque ao que non se venderon os poetas foi a fórmulas exitosas que non os identifiquen. Non se pode considerar Longa noite de pedra un best-seller? Penso que sería absurdo non facelo. E outra cousa: imaxinenos un libro de poesía que vendeu 800 exemplares. É un best-seller a pesar dese número tan pequeno? Ben, pois aínda despois de dicir que non se nos pode obrigar a cumprir expectativas de sistemas literarios de base social máis ampla, despois diso digo que igual non son  moitos exemplares máis os que vende un libro de poesía en castelán…Vamos, que un título poético venda entre nós 800 exemplares ten moito máis mérito que un que en castelán venda 3000 exemplares, digo eu…

1 comentario

  1. Solleiro: «Pretender escribir un best seller nun contexto literario no que se venden 200 exemplares é bastante absurdo» | Letra en Obras:

    […] Castelao, Otero Pedraio e os best sellers, de Xosé Manuel Eyré. […]

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.