ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Xaneiro, 2013

corrupSpain e a lnmunodeficiencia Cultural Crónica e os camiños da literatura

Posted: Venres, Xaneiro 18th, 2013 @ 7:34 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en corrupSpain e a lnmunodeficiencia Cultural Crónica e os camiños da literatura

Spain, ese país dito así en fino, ese país typical ou eufemístico porque o tal tipismo o que agocha é a  teima de non querer ser como os demais. Unha teima política, porque a xente, fóra as especificidades de cada pobo en cuestión, é xente en Compostela, Madrid ou Kyoto, xente cunhas necesidades de liberdade […]

no corazón da novela do tempo

Posted: Xoves, Xaneiro 17th, 2013 @ 9:55 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en no corazón da novela do tempo

Naturalmente estamos a referirnos a  Hora zulú ( Santiago Lopo, Galaxia, Premio García Barros 2012). E dela extractamos este fragmento, case a páxina 117 enteira, case no medio e medio da novela, no seu corazón: (…)que entenda, Penselas? .. Un … un hostión interestelar, unha explosión de escalas siderais. Si? Así me gusta, avancemos, logo. […]

sobre unha das mellores novelas de 2012

Posted: Mércores, Xaneiro 16th, 2013 @ 7:00 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Esta semana toca lectura dupla, non é que o pretendera senón que non teño corpo para adiar o contacto coas boas historias, coa beleza feita palabra. Podería falar de nubes (Francisco Castiñeiras, Chove en Ningures), que aínda non sei se chegará a novela ou será un moi traballado libro de relatos, en todo caso achega […]

memoria de Fraga: i que en la mort et persegueixin les nostres memòries

Posted: Martes, Xaneiro 15th, 2013 @ 7:40 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en memoria de Fraga: i que en la mort et persegueixin les nostres memòries

Hai un ano morría un monstruo, de nome Manuel Fraga Iribarne, memoria de boa parte da Historia de Galiza no século XX e parte do XXI, o cal non quita, que sexa memoria, para que non haxa que condenalo eternamente coma a peor versión que pode ofrecer o ser humano: a do vil ególatra, a […]

a costra, a cotra e as nubes

Posted: Luns, Xaneiro 14th, 2013 @ 2:28 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a costra, a cotra e as nubes

Rematei onte, e enviei, a crítica de Todo OK, a novela negra de Diego Ameixeiras de formato pequeno, de grande intensidade, de estrutura moi traballada, ritmo elevado e constante, boas descricións, de grande plasticidade. E no remate non quixen fuxir de comparar a vida envelenada delincuentes da novela cos  delincuentes/gobernantes que non envelenan a vida. […]

sementando para que non se perdan dúas palabras

Posted: Venres, Xaneiro 11th, 2013 @ 7:06 p.m. in LINGUA | Comentarios desactivados en sementando para que non se perdan dúas palabras

Hoxe quero escribir, sementar, para  que non se perdan, para que non morran, dúas palabras que o están a pasar mal. Dunha delas aínda hai ben memoria, na bisbarra de Chantada polo menos. Refírome a VENADA. Co significado de “arroutada”, “acción brusca, inexplicábel ou pouco lóxica” Que mirando no dicionario de dicionarios só atopo recollida […]

proselitismo, demagoxia social e literatura

Posted: Xoves, Xaneiro 10th, 2013 @ 6:41 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en proselitismo, demagoxia social e literatura

Proselitismo, que palabra máis fea! Na miña memoria persoal quedan os esforzos do OPUS por inserirme entre os seus membros, a arañeira de discursos cos cales Fermín tentaba convencerme ( e non o facía de mala fe). Para moit+s esta palabra, proselitismo, está asociada a cousas semelllantes. Os esforzos da ditadura pr convencernos das súas […]

todo ok?

Posted: Mércores, Xaneiro 9th, 2013 @ 6:57 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en todo ok?

Todo OK non só é unha boa novela de Diego Ameixeiras, que estou lendo por segunda vez. Tamén é unha metáfora social. En si, a metáfora social xa aparece na novela de Ameixeiras, na novela negra de Ameixeiras, con aquel criador de formigas, formigas: ese símbolo da humanidade. Nótase que fun á piscina pola mañá, […]

Hay alternativas ( e tamén censura)

Posted: Martes, Xaneiro 8th, 2013 @ 7:05 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Hay alternativas ( e tamén censura)

E en segundo lugar, porque é fácil de ver que as propostas que fan os neoliberias non responden ás verdades científicas ou evidencias empíricas, senón a crenzas puramente ideolóxicas que, en moitos casos, mesmo chocan, como veremos, co máis elemental sentido común. Se fose certo que as medidas neoliberais realmente conseguen o que eles din […]

os galegos por imposición, a astronáutica e Obama

Posted: Luns, Xaneiro 7th, 2013 @ 3:09 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Vén de se celebrar o cabodano de don Isaac Díaz Pardo, e xa está aí o 63 cabodano nada menos que de Castelao, dous galegos insignes onde os haxa. E é momento de meditar un pouquiño a cerca da liberdade, sempre é momento para iso, mais estas dúas celebracións engaden motivo. E cando se fala […]