ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Febreiro, 2013

o sapo gozoso e o futuro da RAG

Posted: Xoves, Febreiro 28th, 2013 @ 8:23 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o sapo gozoso e o futuro da RAG

I o sapo gozoso cantaba: -¡gho, gho! – O asunto é suficientemente grave, e suficientemente vergoñento, como para que calar sexa unha covardía moi covarde. Daría un retrato moito máis riquiño se quedara caladiño, seino. Mais sempre me gustou ir de fronte, as mañas torticeiras desprézoas fondamente. -Os protagonistas son xentes merecentes de respecto, máis […]

Xogo de tronos ou Cemiterio privado?

Posted: Mércores, Febreiro 27th, 2013 @ 8:44 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Xogo de tronos ou Cemiterio privado?

Non me molesto en coller o teléfono, quero que a miña información se achegue á da que ten a xente da rúa. Sigo matinando no caso da demisión de Ferrín. Aínda que queixera non me sería doado deixar de cavilar no asunto, a xente pregúntame, no traballo ou de paseo. A chegada de Ferrín á […]

caso Ferrín

Posted: Martes, Febreiro 26th, 2013 @ 9:12 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en caso Ferrín

Non me seguiría a chamar como me chamo se non escribo o meu parecer sobre sobre o vergoñento, absolutamente vergoñento caso da demisión de don Xosé Luís Méndez Ferrín. E se non é do  prace dalgunha xente, que lle vou facer, nin sequera direi que o sinto. O único que sinto é que a miña […]

hai delito

Posted: Luns, Febreiro 25th, 2013 @ 8:32 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en hai delito

Agora, con tanta xente que mal chega a fin de mes. Agora, con tanta xente que pasa fame ou recolle comida da que tiran os hiper. Agora, que a sanidade e a educación públicas están camiño de desaparecer, mentres as privadas viven na opulencia pública. Agora, que abres o xornal e che salta o caso […]

Autotest explicativo dos comportamentos políticos

Posted: Venres, Febreiro 22nd, 2013 @ 6:51 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Autotest explicativo dos comportamentos políticos

A) -Xorde da necesidade de seguranza que experimentan algunhas persoas ou algúns grupos sociais. Trátase dun mecanismo de compensación fronte ao sentimento de inferioridade. – É unha actitude emocional vinculada a calquera tipo de totalitarismo. -Supón un gran perigo para o desenvolvemento das sociedades, pois se todas as comunidades se encerrasen nas súas particulares verdades, […]

Castelao, no centro da polémica

Posted: Xoves, Febreiro 21st, 2013 @ 3:16 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Castelao, no centro da polémica

Non paro de alucinar con este libro. Especifico, trátase dun libro de texto, UN LIBRO DE TEXTO. É o mesmo do que falaba onte. E aínda me queda materia para máis anotacións. Chegarán, non o dubiden. É urxente que as escriba, moi urxente, mais as cousas hainas que facer de unha en unha, que  a […]

cousas que non me gustan, nin na literatura nin na vida

Posted: Mércores, Febreiro 20th, 2013 @ 8:30 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en cousas que non me gustan, nin na literatura nin na vida

A) NA LITERATURA Hai un libro que á hora de falar de don Uxío Novoneyra, di que nas súas primeiras obras ( ciclo de Os eidos) se recoñecen influencias do neopopularismo, do neotrobadorismo e da hilozoísmo, A imaxe que me devolve tal afirmación dista moito da que eu teño do Poeta do Courel, como escritor […]

a lama dos desalmados

Posted: Martes, Febreiro 19th, 2013 @ 7:09 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a lama dos desalmados

Redondeado e fino, o bolígrafo vai deixando a súa alma nas liñas que traza, con habilidade, a man, riba dun folio branco con alma de madeira, coa alma da medira de sabe deus que árbores foron as sacrificadas para que nacera a pasta da que sacaron o folio en branco e os seus irmáns, so […]

culpa, lectura, honradez

Posted: Luns, Febreiro 18th, 2013 @ 2:33 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en culpa, lectura, honradez

Asusta, moito, moito, que a xente poida crer que a corrupción é algo inherente á clase política. E aínda maís, que a corrupción sexa algo inherente á propia consubstancialidade humana. Que a corrupción sexa un mal necesario. Para os que cremos na persoa, no xénero humano, esta concepción que o PP loita por instalar na […]

vergoña, corrupción e lectura

Posted: Sábado, Febreiro 16th, 2013 @ 1:15 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, manipualción informativa, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 3 Comments »

Vai Santiago Rei y Cierra España e saca nova paridura. “Contra a descomposición social”, fáltalle a segunda parte “Voten PP, o partido maioritario, o partido de Esapaña”. Claro que se nos detiveramos un chisco nesa descomposición, só un chisco, e nos preguntaramos quen son os responsábeis desa descomposicion, creo que pouca xente tería dúbidas de […]