ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

diante da posíbel fractura do PP…

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 11 Febreiro 2013 @ 1:32 p.m.

Xa escoitei/lin máis dunha vez que existe perigo de ruptura no PP. Esperanza de ruptura, diría eu. Chegaralles entón o momento de reflexionar a cerca da ruptura, tal e como están a facer agora no BNG. E igual ca a eles hai que dicirlles que non se pode ser cego e xordo ás correntes ideolóxicas internas, que non son malas senón síntoma de riqueza ideolóxica. E isto, no PP, é máis ben pobreza. Porque o fanatismo, o acolitismo, o monolitismo, son as características votantes dos propios membros do PP. Aí están os coruñeses e o seu coruñesismo para refrendalo, ou o baltarismo…

A esta reflexión no ndebe ser allea o PSOE, que tamén anda ocn problemas internos. E desa reflexión estaría ben que se preguntaran que son os culpábeis. Porque os hai. E son os que instauraron a rixidez do pensamento único como filosofía política e de vida. Son os que enmerdaron (si, enmerdaron) a vida intelectual das masas na tentativa de controlalas. Enmerdaron ou apodreceron. Os que instauraon a norma de aquí non dimite ninguén, nós somos os únicos bos xestores. Os que elevaron a carteiras miniteriais medianías intelectuais ( e digo medianías por usa un eufemismo) tipo Werth (por poñer un exemplo onde desde Esperanza Aguirre a Dolores de Cospedal, Mariano Raxoi ou Feixó) que se non lles cae a cara de vergoña cando teñen un homólogo europeo diante…é que no a teñen.

Enmerdaron, apodreceron.  A quen lle escoitei ¡so de que pedía que se investigara a fondo, pero Rubalcaba no? Sería o Floriano ese da florida linguaxe? Tanto ten. O caso é que iso non é de recibo nunha democracia, e non se ll epoden negar dereitos aos demais por moi mal que che caian. Xusto debería ser ao revés.

E nesa reflexión tampouco pode faltar a relativa á herdanza recibida. Porque non foron quen de evitar a herdanza do franquismo. Todo o contrario. herdanza na que eses comportamentos, esas actitudes eran normais.

Nin sabe o que é a democracia nin por suposto comportarse con decoro democrático.

E todos sabemos que é Aznar o máximo responsábel. Só alguén débil intelectualmente impón iso do pensamento único para que non o contradiga ninguén. E despois, Raxoi, a quen o de medianía intelectual lle queda moi grande. Igual ca Feixó. Un índice que indique esa medianía? Hai moitos, mais as mentiras, a terxiversación, é o máis axeitado.

E non esquecer a responsabilidade do PSOE, cómplice necesario do PP nese emporcamento intelectual. Por activa e por pasiva.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.