ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

vergoña, corrupción e lectura

Vai Santiago Rei y Cierra España e saca nova paridura. “Contra a descomposición social”, fáltalle a segunda parte “Voten PP, o partido maioritario, o partido de Esapaña”. Claro que se nos detiveramos un chisco nesa descomposición, só un chisco, e nos preguntaramos quen son os responsábeis desa descomposicion, creo que pouca xente tería dúbidas de que son o PP e despois o PSOE os máximos responsábeis. Nesa orde. Abonda botar unha ollada á descomposición, á corrupción. Porque, señor Santiago Rei y Cierra España, sonlle sinónimos corrupción e descomposición. E, por certo, artigos como o seu tamén teñen parte de culpa nesa descomposición/corrupción. E xornais como o seu tamén teñen parte de culpa da corrupción/descomposición.

Sen ir máis lonxe. O eólico. Practicamente morto; vostedes, LVG, induciron os seus asasinos.

Mentres, os corruptos apóianse no grande respaldo social. Son millóns os que apoian a PP e PSOE. Tamén o nazismo tivo un grande apoio social. E van dicindo por aí que o da corrpción é cousa de todos. Covardemente. Porque non se poden comparar partidos con centos de casos de corrupción…con outros que teñan catro ou cinco.

Grande respaldo social. Hanme permitir que me fie moi pouco dese respaldo. E que me pregunte como é que partidos así de corruptos e reincidentemente metiráns como o PP, porque a ocultación é unha práctica habitual no PP, poden ter respaldo social. Igual que moitas veces me teño preguntado como a mafia italiana ten o tanta aceptación social.

E aquí xórdeme o concepto de vergoña. Cómpre ter moi pouca vergoña para apoiar mentiráns. Moi pouca porque é facerse cómplices desas mentiras. Que non deixan de ser mentiras por teren respaldo social. É tal o panorama que nin me vou molestar en poñer exemplos. E que outros, PSOE, fixeran o mesmo, non lexitima nada, nada, nadiña.

E da xente que non ten vergoña en apoiar mentiráns non teño bon concepto, considéroos malas persoas. É moi grave o que estou dicindo. Si. E retórcenseme os  adentros. Malas persoas, así de claro, contundente, e grave.

E lembro esas enquisas onde España aparece como un bon lugar para vivir. Polo sol? Porque en España é moi sinxelo ir de festa? Pola sesta? Pola dieta mediterránea? Polo botetellón? Polos macroconcertos? Por…? Sigan vostedes engadindo. Nada diso compensa vivir entre adoradores da mentira, entre xente falsa, cunha raza falsa. Nada diso compensa.

E se imos un chisco máis alá? E se miramos os índices de calidade de lectura? Será significativo? Creo que si. Absolutamente. Resulta revelador que os países con menor índice lector e calidade de lectura veñan tendo unha distribución no mapa tan coincidente coa da corrupción.

E, repito, pode que o que digo lle pareza moi duro a moita xente. Pode. En todo caso foron vostedes (PP, PSOE, LVG, El Mundo, La Razón, ABC, El País, Banca…) os que nos trouxeron deica aquí. O que digo será duro. Éo. Mais non están vostedes precisamente lexitimados para criticalo.

 

 

3 Comments

  1. Bouvard:

    Parabéns polo teu artigo. Non se poden dicir máis verdades en menos liñas…

  2. culpa, lectura, honradez | ferradura en tránsito:

    […] ferradura en tránsito Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra) « vergoña, corrupción e lectura […]

  3. xmeyre:

    Beizón, Bouvard…

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.