ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Xogo de tronos ou Cemiterio privado?

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 27 Febreiro 2013 @ 8:44 p.m.

Non me molesto en coller o teléfono, quero que a miña información se achegue á da que ten a xente da rúa. Sigo matinando no caso da demisión de Ferrín. Aínda que queixera non me sería doado deixar de cavilar no asunto, a xente pregúntame, no traballo ou de paseo.

A chegada de Ferrín á rectoría da RAG significou unha comuñón coa xente da rúa como eu nunca vira. Porque é persoa coñecida e valorada por un amplo número de xentes, xentes inclusive que igual non están mal definidas se digo que son adláteres á cultura galega, xentes que fan a súa vida rodeados de cultura castelá, por exemplo.

E os apuntados como culpábeis…segu¡ndo o tempo pasa vou estando máis convencido de que son culpábeis. E repito que non erguín o teléfono, outros si o fixeron, eu quero ficar próximo á opinión da rúa. Non vexo que se molesten moito en reclamarse como inocentes.

Está o ambiente moi enmerdado, moi enmerdado. Será difícil que a RAG saia con ben de tanta enmerdadura. Moi, peroquemoi, difícil. A pregunta é: a quen lle imoporta a enmerdada en que foi metida a RAG? Veremos quen substitúe a Ferrín, e que decisións toma. Será quen de, para compracer o PP, afastarse definitivamente da xente do común? Volverá a RAG a ser refén do españoleirismo máis vergoñento? Retornaremos aos infaustos tempos de García-Sabell? Os que temos al ingua e cultura como bandeira insubornábel e irrenunciábel…verémonos abocados a manifestarnos diante da casa da rúa Tabernas porque a RAG non se implica na defensa da lingua?

Igual alguén pensa que a pregunta última é un pouco esaxerada. Non o creo eu, nin moito menos.

Aínda outra pregunta: ten algún sentido unha RAG na que non hai sitio para Méndez Ferrín? Non me serve que el renunciou. Non foi unha renuncia calquera. Marcha precisamente porque non cre que alí estea o seu sitio.

A AELG pídelle  a Ferrín que continúe. Subscribo esa petición, completamente. Quen tería que marchar son os outros. Os que non saben aturar non estaren eles na cadeira principal e lles proe o cu cada vez que miran para ela. Subscribo, porque marchar significa que venza a vergoña. Pídolle que quede, que se arme de paciencia e diplomacia, que demostre que nin niso lle gañan a el.

Igual estou equivocado, mais comezo a ver, a cada intre con máis nitidez,  un escuro e noxento revanchismo político. Escuro e noxento porque a RAG debe ficar fóra do xogo de tronos político, por decencia e lóxica. Non me resultou complexo chegar a esa conclusión, non hai máis que ver onde saen as noticias, a reaccións, quen as asina, quen pon os cartos. En fin, por agora non quero seguir por aí, xa bastante enmerdado está todo.

Só unha cousa, que xa comentei onte. O argumentario empregado polos sinalados como culpábeis coincide plenamente co do PP.

E, sincera e sinxelamente,

cando o teu argumentario é precisamente o  dos  que renegan desta cultura, desta lingua e deste país,

cando a túa actitude non se diferencia nada da anxolorenzana, é dicir: cando a cultura que dis defender só che serve para ocupar unha cadeira que che dea relevancia social…

nese caso non compre esforzarse para ver que un está equivocado.

Para rematar, un título literario que “ilustre” esta situación. Xogo de tronos? E a min que se me parece máis a Cemiterio privado

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.