ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o sapo gozoso e o futuro da RAG

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 28 Febreiro 2013 @ 8:23 p.m.

I o sapo gozoso

cantaba: -¡gho, gho!

– O asunto é suficientemente grave, e suficientemente vergoñento, como para que calar sexa unha covardía moi covarde. Daría un retrato moito máis riquiño se quedara caladiño, seino. Mais sempre me gustou ir de fronte, as mañas torticeiras desprézoas fondamente.

-Os protagonistas son xentes merecentes de respecto, máis do que algúns tiveron con Ferrín. Respecto e ás veces admiración. Por iso puntualizo, mellor falar de actitudes que de persoas, porque calquera pode ter unha mala horada. Iso si, cada un ten que ser responsábel da súa.

-Hoxe son máis ca onte, as explicacións dadas polos sinalados como culpábeis da marcha de Ferrín. Nin me ocnvencían onte nin me convencen hoxe. É máis, penso que as do CCG deben ser tidas como confesión da veracidade do denunciado por Axeitos. Ese chamamento á “actuación responsábel” das institucións non véna conto se non é precisamente para censurar a propia RAG.

-Ten moito razón o comunicado da RAG, neste barco imos todos. E cómpre máximo respecto. O respecto que non se tivo con Ferrín, por certo. Porque o respecto é para todos, digo eu. Nin que a súa xestión fora desatrosa, que non o foi, merecería semellante trato.

I o sapo gozoso

cantaba: -¡gho,gho!

-Quen inciou isto ri a cachón. Tamén hai xente así, que goza co mal causado a outros. Quen quixo lavar os trapos do nepotismo fóra da casa, ese foi o iniciador. Un nepotismo sobre o que xa escribín cando saltou a noticia, e sobre o que, como mínimo, hai moitísimas dúbidas. Como sucedron as cousas demostra que o que se pretendía non era subsanar unha situación anómala…senón facer mal. Terá todos os méritos académicos que se queira, si, mais esa persoa non ten méritos humanos para ser académico. Esa persoa é quen debera dimitir. Regalar balas ao inimigo resulta moi vergoñento.

-Esa persoa é a única que debera dimitir, e a RAG en pleno debera reprobar a súa conduta. Insisto, a RAG en pleno debera reprobar a súa conduta e esixirlle “amabelmente” que marche, por mal compañeiro. Toda a vida posterior da RAG debe partir de aí, ou, se se logra paz e concordia, será sempre baixo a sombra da ameaza da deslealdade.

-Si, neste barco imos todos. Por iso hai que pensar no barco antes que na propia preponderancia. A quen lle convén rexer un barco afundido?

-Ao sapo gozoso cantando gho-gho?


Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.