ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Marzo, 2013

non nos entenden, non

Posted: Martes, Marzo 26th, 2013 @ 8:45 p.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Para que nos entendamos, esta anotación vai para os que escriben sobre a guerra civil que avanza máis a cada día, co bando dos gardiáns das esencias nacionais disparando desde todas as frontes. Porque a min tamén me apetece disparar, calar deixa un sensabor a covardía que non vai comigo. Acontece, meus amigos, que esas […]

desde Galiza ao Mar Menor, e un libro na cabeza

Posted: Luns, Marzo 25th, 2013 @ 5:42 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en desde Galiza ao Mar Menor, e un libro na cabeza

Os primeiros trescentos e pico quilómetros foron un pesadelo. Era de noite- saímos á 5 da mañá- chovía, bancos de néboa frecuentes…Só despois da primeira parada houbo algún alivio. Ese panorama mantívose aínda case até pouco antes de Madrid. Día chumbento, un vento do demo, ambiente desapacíbel. Logo de superada a altura de Madrid, as […]

Anxo Exterminador, ese ignorante profesor universitario politicamente legal

Posted: Xoves, Marzo 21st, 2013 @ 3:09 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Partamos de que o propio tipo ( indivíduo sería concederlle unha consideración que no nmerece), pois o tipo declara: “Non teño ambición política. Eu son un profesor universitario que é o que me gusta”. É moi importante saber o status do interlocutor que temos diante. Á hora de enxuizar isto: “Os que coñecemos a historia […]

Que nos deixen en paz!

Posted: Mércores, Marzo 20th, 2013 @ 10:03 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Que nos deixen en paz!

Que nos deixen en paz! Dun tempo para aquí veño chegando á conclusión de que os políticos galegos son de cuarta división. Non abondaba coa cegueira da UPG, coa histórica cegueira do BNG. Non abondaba coa medianía do PSdG, carentes dun diferenciado proxecto para Galiza, desconfiados do BNG e non sempre opostos ao PP. Non […]

versos para un tempo entoldado

Posted: Martes, Marzo 19th, 2013 @ 6:55 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en versos para un tempo entoldado

Miraras para o ceo é víralo entoldado, de negras nubes cuberto ameazantes. Si, mais as nubes do ceo preocuparanme cando haxa indicios de que o ceo nos vai caer enriba. O que agora me preocupa é o entoldamento da vida nesta nosa Terra, por certo que bastabte máis entoldada e preñada de negras ameazas. Boto […]

a mala educación

Posted: Luns, Marzo 18th, 2013 @ 6:53 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 5 Comments »

Non non imos escribir sobre o filme do mesmo título, mais dificilmente atoparemos outro mellor. Unha vez que se produciu a marcha de Méndez Ferrín da presidencia da RAG, deuse a coñecer este manifesto de apoio das Redes Escarlata. Informado, valente e xusto, a meu ver. Comprendo perfectamente que haxa xente que non o valore […]

fumata negra na rúa Tabernas

Posted: Xoves, Marzo 14th, 2013 @ 6:07 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en fumata negra na rúa Tabernas

Consumada a anunciada marcha de Ferrín, ábrese un novo período na RAG. Valaí o tópico; coma todos, mentirán. Porque non se trata de abrir un novo período, xa o abriu Ferrín cando viu que a súa situación de cerco e derrubo xa estaba ben de aturala. Cerco e derrubo, por máis que non guste aos […]

fumata vermella

Posted: Mércores, Marzo 13th, 2013 @ 9:44 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en fumata vermella

Nin fumata branca, nin fumata negra. En todo caso fumata vermella, vermella de perigo, moito perigo. E mirar moi ben quen acende o lume de onde vén o fume. Dubido, intensamente, que o novo Papa, vaia facer nada realmente comprometido cos que sofren, iso só lles dura o que tarde en reamtar o sermón, e […]

a gran novela galega, o gran libro de relatos galego

Posted: Martes, Marzo 12th, 2013 @ 9:43 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a gran novela galega, o gran libro de relatos galego

Pasmo, é a palabra que mellor define como me sinto cando leo algunhas cousas. xa falei dese libro de texto, porque é un libro de texto. Literalmente: (…) imos concretar unha serie de apartados que poden definir o quefacer narrativo de fins do século XX e comezos do XXI. -(…) -(…) busca do “gran libro […]

tempo de estorbos

Posted: Luns, Marzo 11th, 2013 @ 1:49 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en tempo de estorbos

Esta fin de semana estorbou o seu a choiva, que deixou a Feira do Viño en cotas de asistencia similares ás das primiras edicións. Porén, este estorbo permitiu que se puidera ir de caseta en caseta polo recinto, mentres que en circunstancias normais é tal o xentío que un o pensa dúas veces. Mais ese […]