ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

modernidade, na política e na literatura

Mentres o partido político que ten diario na boca iso da excelencia, iso eficacia, iso da modernidade, exhibe “peinetas”, incrementa o desemprego, teima en destruír a sanidade pública e o ensino público…

Mentres o PSOE se fractura baixo a mirada dun Rubalcaba que non dá disimulado a súa medianía, a súa mediocridade política…

Mentres, a nivel galego, o PP por voca de Feixó non para de fachendear do control do déficit público, déficit que el memso elevou desde o 0,36% ao 2,38 e agora reduce ao 1, 61…

Mentres aínda segue sen resolverse o asunto da renuncia de Ferrín a presidir a RAG e a vida cultural galega ficou enfangada por comportamentos vergonzantes impropios de académicos, que poñen de manifesto unha deslealdade institucional moi preocupante, froito de actitudes máis propias de políticos de segunda división…

Mentres tanto a vida segue, e un non pode deixarse aprisionar neses lodos. Veño de ler o Pan de de ánimas , unha lectura sosegada, contemplativa, como a poesía de Miguel Abelenda, fortemente influenciada pola filosofía (vital) oriental. Tamén andan por aí os haihu de Elvira Riveiro. Precisamente os haihu ou haikai incrementaron moito a pegada da litertura/filosofía oriental, na occidental e na nosa. E non se pode desligar esta pegada do espírito posmodernista literario, da eclosión de desenvolvemento da literatura expresada en  espazo hiperbreve. Mais a literatura hiperbreve caracterízase por, con poucas palabras, propiciar un  intenso e extenso proceso reflexivo que redimensione o texto e o conclúa. Porén, no haikai/haiku e na filossofía/literatura orientais, ese espazo reflexivo que se abre despois da lectura nin é tan intenso nin tan extenso como na literaura hiperbreve. De xeito que, curiosamente, exercen ( haikus e  filosofía/literatura) máis como factores correctores da vangarda que como vangarda en si. Actúan máis como, permítasenos o símil sintáctico, moficadores do universo literario tradicional…que como expresións literarias de vangarda en si.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.