ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o mito “gitano”, esa mentira…

Filed under: manipualción informativa,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 5 Marzo 2013 @ 6:31 p.m.

Promovido entusiastamente polo franquismo, o mito do “gitanismo” andaluz corre paralelo á “grasia que no se puede aguantá”, o “duende” etecé etecé etecé. Promovido enstusiastamente polo franquismo e non menos pola actual “democracia” posfranquista. Como premio por seren bos, como premio por deixárense “asimilar” ou “colonizar” de bon talante. Até o punto de converter o folclore andaluz nun símbolo uniformizador de españolidade que se superpoña a de Eukadi, o de Catalunya ou da Galiza.

Ándame esta reflexión pola cabeza porque tenciono pasar a Semana Santa por alá.

E, como non?, este mito do gitanismo andaluz é unha soberana mentira. Teñen moi asimilado iso de que a súa alegría que no se puede aguantá, que o seu duende, que a súa arte, derivan do carácter diferencial “gitano”. E non é certo, aínda que algún se poida ofender. O seu carácter diferencial deriva do seu fondo árabe, foron moitos séculos árabes en Andalucía e deixaron moita pegada.

Os árabes chegaron a Andalucía nunha expansión que se itinerou polo norte de África. Ben documentada. Onde está a documentación da influencia “gitana”? como se produciu esta? Cando?

Unha expansión itinerada pola banda de arriba do Mediterráneo traería a Euskadi xentes dunha procedencia máis asimilábel á etnia xintana, etnia xitana que á súa vez é parentela da árabe. A lingua euskera vincula Euskadi a unha zona xeográfica no Oriente Medio moito máis próxima á procedencia xitana do que cabería sospeitar.

Mesmo o folclore xitano, o folcore cigano, se o miramos en Europa, por exemplo na música, non é difícil acharlle ritmos máis parecidos aos de Euskadi que os do flamenco. Ou non?

Deica agora ocupámonos máis en conservar os nosos propios mitos, conservalso e defendelos, que en desmontar os mitos invasores. E xa vai sendo hora. Xa non porque sezan alleos, senón porque son mentiras, mentiras risíbeis…

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.