ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

tempo de estorbos

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 11 Marzo 2013 @ 1:49 p.m.

Esta fin de semana estorbou o seu a choiva, que deixou a Feira do Viño en cotas de asistencia similares ás das primiras edicións. Porén, este estorbo permitiu que se puidera ir de caseta en caseta polo recinto, mentres que en circunstancias normais é tal o xentío que un o pensa dúas veces.

Mais ese é un estorbo anecdótico, circunstancial. O peor son os outros.

Os da RAG, por exemplo, e refírome a eses estorbos que impiden a cordialidade da vida académica.

Os que vai ter X. Vence na reconstrución da unidade do nacionalismo galego, que non empezan nin acaban nunha UFG fortalecida no Consello.

Os que xa ten ANOVA no seu seo, impedindo a constitución dunha alternativa de esquerda realmente seria e eficaz. E que ten que resolver axiña, ou cara adiante ou cara atrás, mais o que non pode ser é que a xente de a pé dea ne pensar que só foi outra boutade

Os que teñen PP e PSOE. Bárcenas e Rubalcaba. E non só. Porque tanto nun coma no outro preocupa fondamente a carencia de ideas críbeis, o seu nivel intelectual raia na nimiedade absoluta, a “Transición” deixará de ser “Transfusión” cando ambos se refunden, se redefinan. Un cara a extremadereita franquista, que xa é; o outro cara un partido socialista federal, que por historia debera ser.

O rei Xoán Carlos, para marchar só lle falta que lle aseguren un status do seu nivel. Curiosamente a raíña, Sofía, atou moito mellor o seu futuro ao Club Bilderberg, ela non vai ter ese problema de status. Curiosamente o príncipe, Filipe, existen dúbidas da súa preparación para suceder o seu pai.

A prensa, os media, e súa neutralidade culpábel á hora de non salientar as inmensas meteduras de pata dos políticos, a súa ordinaria incultura. Mais tamén a prensa, os media, e o seu estúpido partidismo, absolutamente visceral e desposuído do máis mínimo rigor, ético e intelectual. Canda a refundación de PP e PSOE, a sú redefinición, ten que vir a correspondente da prensa, dos media. E un rexeneración e revalorización da vida intelectual, porque, sinxelamente, sen ela non se vai  a ningún lado que non sexa burramia universal tinxida de modernidade.

Porque eses estorbos si que condicionan a vida normal das persoas. Que chova ou non é un accidente. Mais os outros estorbos son o alimento co que medran as malas persoas, as que disfrutan facendo mal aos demais. Evidentemente son máis, mais algunah vez tiña que parar.

Porén son máis, xa digo. Por exemplo hoxe pola mañá. Pouco despois das 8,15. Un político que soltaba, polo asunto da bomba no caixeiro automático, que esas son accións absolutamente inxustuficábeis. Un político PP, que seguramente non diría o mesmo do calote das preferentes. E, se queren que lles diga, a min paréceme moito máis grave o segundo…

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.