ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Abril, 2013

A noite branca, Cela, e as dimensións da vida

Posted: Luns, Abril 29th, 2013 @ 8:48 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en A noite branca, Cela, e as dimensións da vida

Cando un comeza a ler unha novela nunca sabe até que punto esa lectura pode complementar a  experiencia vital propia. Aconteceume así con A noite branca de Fernández Naval. Non só porque se faga referencia a Chantada, pois alí viven algunhas personaxes. Non só porque Ponte Canedo ( a actual barriada ourensá de A Ponte) […]

a ilegalización do Partido Popular e a Vila Morena

Posted: Xoves, Abril 25th, 2013 @ 8:48 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a ilegalización do Partido Popular e a Vila Morena

Mal andamos cando a dereita, que sempre se reclamou o territorio dos valores, perde toda noción do que son os valores eses e se enzoufa e nos enzoufa na vileza máis corrosiva, empequenecedora e pecaminosa. Se a alguén lle din: “hai que ilegalizar o Partido Popular, porque con el a vida democrática non é posíbel”… […]

valor do exemplo Manuel Faltita

Posted: Mércores, Abril 24th, 2013 @ 8:00 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en valor do exemplo Manuel Faltita

“Se neste pais non te chaman facha, non es ninguén”. Dío Manuel Faltita, póñollo así porque seguro que non se incomoda, total el é defensor do dereito individual, non do colectivo, e como eu teño todo o dereito do mundo pois vou e fágoo. Dereito e razón tamén, porque a este defensor do dereito individual, […]

sobre Fernández Naval, Alonso Montero e Antón Risco

Posted: Martes, Abril 23rd, 2013 @ 8:35 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en sobre Fernández Naval, Alonso Montero e Antón Risco

Hoxe estamos de celebración. Día do libro. E eu sen tempo para pasar por unha libraría. Celébroo lendo A noite branca, toda unha señora novela, vou pola metade e a novela non fai máis que medrar na miña estimanza, cando teño que parar de lela fágoo de mala gana, de moi mala gana, porque Fernández […]

o mundo, e Alonso Montero, ao revés…

Posted: Luns, Abril 22nd, 2013 @ 12:10 p.m. in Sen clasificar | 2 Comments »

O corpo sempre me tira a escribir de libros, mais hoxe teño que recuncar no asunto da RAG. Polo menos, a demisión de Ferrín serviu para que Alonso Montero volvera pisar a RAG. Fíxense vostedes, tres anos de ausencia, e foi volver, porque foi cando se volveu saber que existía, para botar a Ferrín e […]

sobre a palabra PALABRA

Posted: Sábado, Abril 20th, 2013 @ 9:01 p.m. in LINGUA | Comentarios desactivados en sobre a palabra PALABRA

Falei onte coa señora María. De falar con ela unha cousa que me marabilla sempre é esa capacidade de gardar, os usos lingüísticos que se oen dos seus labios sonme algo máis que gheadas e seseos exóticos na zona central en que eu vivo. Exemplifica á perfección a fala, da área fisterrá, mais fronteiriza entre […]

trasnos, e problemas técnicos nos comentarios

Posted: Venres, Abril 19th, 2013 @ 5:42 p.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en trasnos, e problemas técnicos nos comentarios

Teñen que andar trasnos nesta Ferradura, pasan cousas que non me douo explicado. Hai varios días que me decatei e trato de solucionalo, inutilmente. Cando alguén fai un comentario chégame aviso ao correo, coma sempre, mais o comentario non se pode ler, debaixo da anotación correspondente sempre aparece 0 comentarios aínda que alguén escribira algún […]

dous libros e unha dúbida con mala hostia

Posted: Mércores, Abril 17th, 2013 @ 6:58 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en dous libros e unha dúbida con mala hostia

Hai un tempo que escribo aquí menos do que querería e debería ser habitual, porque tocou un tempo así de viaxes. Agora mesmo veño de chegar de Allariz, unha das miñas debilidades, a onde fun acompañando a Sara e Sabela pois elas son as autoras do manifesto do Correlingua deste 2013. Conteilles no autobús, na […]

van matar a Ramón González Alegre, en Puenteherrada, este mércores

Posted: Luns, Abril 15th, 2013 @ 8:48 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Escribín o que escribín. Pareceume duro, moi duro, e quedeime curto. Abro o correo e atopo esta noticia. “Teatro hecho palabra”, óllese ben o pouco afortunado título, acaso o teatro non é palabra xa por definición? Non sexamos inxenuos e vaiamos un chisco maís alá. Leron con atención? Co gallo de querer homenaxealo van matalo. […]

Premios da Crítica española para Begoña Caamaño e Manuel Álvarez Torneiro

Posted: Sábado, Abril 13th, 2013 @ 2:13 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

A Crítica Galega seleccionou, como mellor poemairo de 2012, Os ángulos da brasa, da autoría de Manuel Álvarez Torneiro, quen xa obtivera dito galardón no ano 1999 por Luz de facer memoria. Os ángulos da brasa é un poemario extraordinario, un poemario que logra ser emotivo sen deixar de ser reflexivo, unha ollada sobre a vida […]