ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a narrativa bravú e o neocostumismo urbano

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 4 Abril 2013 @ 8:16 p.m.

Narrativa bravú e neocostumismo urbano ou semiurbano son dous conceptos que asimila o libro de texto ese de xa teño falado -e tampouco será esta a derradeira vez. Concretamente di, comeza así: “A narrativa enmarcada nun neocostumismo -algúns críticos sitúan esta dirección canda a chamada narrativa bravú, que procura centrar o seu interese na dialéctica establecida entre entre os xeitos dunha Galicia tradicional (…) e mais as novas formas urbanas (…) teñen, sen dúbida, na obra de Manuel Rivas  o seu cultivador máis existoso.”

É o comezo da páxina 323.

Até parece que mete a Rivas na Narratina Bravú. Conste que a Rivas próugolle ben o movemento bravú, consideralo un desafecto ao movemento bravú sería un erro. Refírome ao movemento bravú musical. Porque no eido narrativo nin escribiu obras susceptíbeis de seren consideradas narrativa bravú, nin me parece que teña/tivera ningún interese en inserirse na narrativa bravú. Evidentemente falo da narrativa bravú tal e como eu  a describín nas páxinas de A Nosa Terra.

Mais volvo ao comezo, porque é un erro moi, moi grande considerar que a narrativa bravú constituíra algún tipo de neocostumismo urbano ou semiurbano. Alén dos trazos estilísticos que me esforcei en identificar na narrativa bravú, esta caracterizouse por unha moi fonda vocación reivindicativa do popular como manifestación de orgullo propio, como manifestación da estimanza que a cultura popular tiña nas xeracións máis novas e comprometidas coa realidade galega. Tal vez se puidera albiscar algo disto en Fridom spik, mais está ben lonxe a obra de Jaureguizar do estatismo do enxebrismo ou neoenxebrismo narrativo, máis ben pretende trascendelo…

Doutra banda non se pode explicar como neocostuimistas as obras de Xurxo Souto, emblema sen dúbida da narrativa bravú, con aquelas A tralla e a arroutada ou Fumareu. Nin é aplicábel a outros títulos que tentaron integrarse na narrativa bravú, tal o Comendo espaguetis diante da televisón, tamén de Jaureguízar. E que facemos coa versión narrativa de batea de Manuel Seixas? Porque tampouco obedece a ningún tipo de neocostmismo.

Ora ben, quédame por saber a nómina de obras e autores en que os autores do texto do libro pensaban, porque Manuel Rivas….

 

 

 

2 Comments

  1. Apenas Chegado:

    Onde encadrarías ti este relato que me acaba de chegar: ‘Vattene!’ de Alberte Momán?

  2. xmeyre:

    Lereino, Apenas Chegando, e xa che direi…

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.