ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

dous libros e unha dúbida con mala hostia

Hai un tempo que escribo aquí menos do que querería e debería ser habitual, porque tocou un tempo así de viaxes. Agora mesmo veño de chegar de Allariz, unha das miñas debilidades, a onde fun acompañando a Sara e Sabela pois elas son as autoras do manifesto do Correlingua deste 2013.

Conteilles no autobús, na saída e volta, algo así e que tamén cae neste caixón, xa verán. Contei: Sabela e Sara fixeron unha cousa co corazón e saíulles moi ben, precioso, como é frecuente pasar das cousas que se fan co ccorazón, moi distinto do que sucede cando alguén quere facer mal, porque entón maquina, planea, pensa onde che pode facer máis dano a cambadela que che vai poñer.

De Allariz traio Contos de soños e sombras, de Ariza Piñeiro, editado en Urco, colección Alcaián. Había tempo que quería eu ler algo de Urco e esta viaxe permitiume satisfacción dupla, dupla, porque o libro foi mercado na Aira das letras. Mercar un libro xa de por si é unha alegría, mais facelo nunha libraría que non vende libros coma se foran bragas, que está comprometida con desenvolvemento cultural e non só é punto de venda…estón a alegría convírtese en pracer.

Era para hoxe poder contarlles algo con substancia, mais unha alumna púxose mal e o tempo que destinaría a ler tiven que ocupalo agradando polo pai, que a viña recoller. De feito, en canto remate estas liñas voume poñer co seu encete.

Na casa agardábame outro libro, Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro, de Roberto Pascual, excelente coñecedor do teatro. Agardo o intre de poñerme coa Obra completa de Roberto Vidal Bolaño que sacou Positivas. Igual vai desta sentada, tamén. Mais agora o que quero é referir en palabras a desafección con que a Xunta está a tratar a figura irrepetíbel de RVB. Desafección? Desde logo. Que ás veces raia no vulgarmente groseiro. Noxento. Así de simple.

E de aquí paso á dúbida con mala hostia que hoxe non me abandona. A RAG. DI Alonso Montero: A miña candidatura ten xente que naquel plenario fixo observacións críticas, pero non somos a candidatura crítica. As ganas que ten  por presidir lévano a dicir barabaristeces desata índole, iso e pensar que os demais, os receptores somos idiotas  e non sabemos de que vai a cousa. Xa me gustaría  min que Manuel González lle propuxera listaxe consensuada a Alonso Montero nos mesmos termos en que Alonso Montero lla propuxo a el! A ver que dicía

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.