ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o mundo, e Alonso Montero, ao revés…

Filed under: Sen clasificar — 22 Abril 2013 @ 12:10 p.m.

O corpo sempre me tira a escribir de libros, mais hoxe teño que recuncar no asunto da RAG. Polo menos, a demisión de Ferrín serviu para que Alonso Montero volvera pisar a RAG. Fíxense vostedes, tres anos de ausencia, e foi volver, porque foi cando se volveu saber que existía, para botar a Ferrín e ocupar o seu lugar. E despois aínda hai quen se esforza en pretender que todo foi unah casualidade, que non houbo conspiración, aducindo razón e datos variopintos e ás veces peregrinos. Chámenlle conspiración ou sinerxia, mais o certo é que se produciu unha confabulación ou conxunción de intereses coincidentes en que había que botar a Ferrín.

Fora como fora. Estorbaba. Porque estorbaba Ferrín. Porque non llas calaba á Xunta. Así de claro. Nada máis tomar pose do seu cargo xa foi Alonso Montero dicindo que agardaba levarse ben coa Xunta. Non ven vostedes nada raro niso?

Sendo que a RAG colexia un bon número de personalidades culturalmente notábeis, polo menos en teoría, o lóxico é que fora a Xunta, que de por si nin se lle supón nin demostra absolutamente ningún tipo de calidade cultural, pois o lóxico é que fora a Xunta a que agardara e fixera o posíbel para levarse ben con quen culturalmente está chanzos moi por riba.

Mais non, Alonso Montero cre que debe ser a RAG a que poña de si para levarse ben, cando desde sempre o lóxico é que sexa a incultura quen se pregue diante da cultura.

Alonso Montero, non lle recoñezo méritos nin para ser académico. Mais á hora de dicir disparates, abondo teño escrito sobre iso e non será o único, só Manquiña e Alfredo Conde se lle aparellan. Disparates e actitudes despreciativas, nunca dá unha conferencia sen pretenderse máis intelixente e culto que o público.

Por certo, Alonso Montero tamén se distingiu sempre por cobrar polas súas conferencias, aínda por riba!

A canto ascenderá o caché do que hoxe preside a RAG?

2 Comments

  1. ricardo souto morano:

    Mala entrada, agardemos a saida.

  2. vagalumevozenoff.blogspot.com:

    Penso que Alonso Montero será un bo presidente de transición.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.