ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Maio, 2013

catro libros e unha dúbida e dúas pregunta

Posted: Xoves, Maio 30th, 2013 @ 8:41 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en catro libros e unha dúbida e dúas pregunta

Cando eu andaba alternando As vidas de Nito e As actas escuras, de Roberto Vidal Bolaño, nas Obras Completas que publica Positivas, vai e chégame A revoluvión non vai ser televisada, de Rebeca Baceiredo, en Euseino?. Se sempre me interesou moito a narrativa de Xabier Paz, é imposíbel encetar As actas escuras e non sentirse […]

maifesto polos facedores de soños

Posted: Mércores, Maio 29th, 2013 @ 8:57 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Entre as lembranzas dos anos primeiros 80 que meirande calor me dan, unha. Paseaba cara ao Toural, eu, que volvera de Madrid coa ansia de axudar a construír a patria que nos negaban os casteláns centralistas, os madrileños que me miraran por riba do ombreiro, desconfiados, descolocados e desde un innegábel sentimento de superioridade, cando […]

multiperspectivismo unipersoal, na literatura e na política

Posted: Martes, Maio 28th, 2013 @ 5:57 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en multiperspectivismo unipersoal, na literatura e na política

O século pasado foi, sen lugar a dúbidas, o multiperspectivismo. O texto enriquecíase desde a posibilidade de ser contado desde varias perspectivas, pois non por ser contado desde varias perspectivas este perdía congruencia senón, en tantas ocasións, esa congruencia ficaba afortalada pola achega dos propios lectores. Pois ben, onte comecei a lectura de As vidas […]

estratexia contra o esquezo vs estratexia contra a memoria

Posted: Luns, Maio 27th, 2013 @ 8:24 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en estratexia contra o esquezo vs estratexia contra a memoria

Rematei a lectura de Doentes. Baio a indignación polo tratamento cinematográfico que se lle dá no filme “nela inspirado”. Esa manía de só ver no esperpento a parte cómica, a parte de comedia, fai que o filme se vexa desposuído da cerna que lle dá identidade: a opresión que o franquismo exerceu sobre a sociedade, […]

que te atinxe?

Posted: Domingo, Maio 26th, 2013 @ 7:52 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en que te atinxe?

Que é o que de verdade lle importa á xente? Pregunta que me teño repetido innúmeras veces, desde óptica puramente humana e tamén crítica, obviamente. Que é que leva unha persoa a non cear se o seu equipo de fútbol perde? E que é o que leva, esa mesma persoa, a despreocuparse aboslutamente e votar […]

cales son os límites na narrativa simbolista. Vattene

Posted: Venres, Maio 24th, 2013 @ 6:36 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Levoume tempo e finalmente non sei se perdería unha das novelas cuxa lectura máis me impactou. Quixen recuperla porque estou lendo Vattene, de Alberte Momán. E teño que dicir que a narrativa simbolista, mellor dito: simbolista-surrealista, me prace moito. Pode ser un chisco duro entrar, porque non o pon doado, mais unha vez que estou […]

( algunhas) preguntas insidiosas

Posted: Mércores, Maio 22nd, 2013 @ 6:34 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en ( algunhas) preguntas insidiosas

Porque segue habendo ministros de cultura cando ningún dos que houbo fixo nada pola cultura? Porque segue habendo conselleiros de cultura cando ningún dos que houbo fico nada pola cultura galega, e a única que fixo algo foi tan mal tratada? Cantos cartos se gastaron en redactar a LOMCE cando chegaba copiar o sistema de […]

Doentes, e as censuras a Roberto Vidal Bolaño

Posted: Luns, Maio 20th, 2013 @ 5:48 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Doentes, e as censuras a Roberto Vidal Bolaño

Dentro do meu propio programa de homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, estou lendo Doentes, cadrou así, comecei polo segundo tomo de Positivas, e esta é a terceira obra que presenta. Non rematei aínda a lectura, mais o que vou dicir é cousa que non pode agardar. E se non pode agardar é porque o outro […]

a grande novela da asasina piedosa

Posted: Domingo, Maio 19th, 2013 @ 8:17 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en a grande novela da asasina piedosa

Esta semana pasada lin unha extraordinaria novela, no seu momento ponderada por Milan Kundera ou Cavafis, A asasina, de Alexandros Papadiamandis, a quen esta novela sitúa como o mellor narrador da literatura grega moderna e actual, son palabras de Kundera que compartimos absolutamente. E ben pode dicirse que é unha das mellores novelas do século […]

No Día das Letras: as estratexias do galo en poleiro alleo

Posted: Venres, Maio 17th, 2013 @ 8:24 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en No Día das Letras: as estratexias do galo en poleiro alleo

Imposibilitado de estar en Compostela, non ha faltar a miña homenaxe á lingua que obra que eu non sexa estranxeiro na miña patria. Homenaxes. Porque se a de hoxe ten que ver con Roberto Vidal Bolaño, non hei tardar aínda que me ocupará ben tempo, imaxino, anotar aquí outra na que teño postas noitas esperanzas; […]