ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Alonso Montero e a nai de Otero Pedraio

Chegou aos meus oídos que Alonso Montero anda dicindo por aí que Otero Pedraio lle falaba castelán á nai. Outras veces me teño sentido obrigado a desmentir estupideces que este petulante vai sementando por aí. Posibelmente non falte á verdade, cando o di. En todo caso non é que me preocupe nadiña que sexa certo ou non, o importante é a obra que nos deixou Otero, o importante é o exemplo de dignidade que Otero deixou para a posteridade -aínda non suficientemente entendido, a meu ver. E é isto o que lle doe a Alonso Montero, é o que lle proe, é o que o incomoda.

Porque a finalidade de Alonso Montero non é ilustarnos sobre algún aspecto da biografía e Otero, que pasou desapercibido ou mereza meirande atención á hora de explicar ou ben a súa obra o ese exemplo de dignidade que antes mentaba. Non. A finalidade das palabras de Alonso Montero vai por outro camiño, o de lexitimar o uso do castelán cos pais, en definitiva: lexitimar o uso do castelán. E aínda é moito máis grave se atendemos ao significado que esas palabras teñen no microcosmos dos neofalantes, porque os desautoriza, porque é unha intencionada patada na súa instalación no galego. Unha patada que provén nada menos que do presidente da RAG.

Isto é o que pasa cando se nomea académico a un personaxe que nin ten méritos para selo, e moito menos presidir a RAG. Méritos? Á nosa cultura non lle pasaría nada sen a súa obra, así de simple porque a súa obra está confeccionada, está feita cun único propósito: xustificarse a si mesmo, xustificar a súa covardía á hora de asumir o legado cultural galego, cousa á que aínda non se atreveu. Sen a súa obra non nos pasaría nada. Sen o seu exemplo viviriamos moito mellor.

Cómpre, desde xa, pedir a demisión deste señorito, por motivos intelectuais, xa nin sequera políticos, que el sempre vai poñer esa escusa. Calor que, por certo, no foi o círculo que o arroupou ao poder o que dixo que quen rexe a RAG non debe significarse politicamente?, non doía iso  moito? Pois aí teñen o señor petulante botando man de datos paraculturais para facer política. Que política? A que máis foda ao nacionalismo, así de claro. Porque sen o nacionalismo si que non se entende a cultura galega.

E non non confundamos, chámaslle españolista e vaino tomar polo lado político…cando debería facelo polo lado cultural. Ser españolista politicamente é lexítimo, mais ser españolista culturalmente  é de imbéciles e totalmete inadmisíbel. Porque significa ser contrario ao nacionalismo, e o nacionalismo é historicamete o sostén da cultura galega; de xeito que ser contrario a ese sostén é como ser inimigo da cultura galega. Sen a achega do nacionalismo ao desenvolvemento da cultura galega, esta será ben distinta hoxe, caso existir.

O que Alonso Montero é: INIMIGO VISCERAL DO NACIONALISMO. Por envexa, así de simple, por envexa cultural, así se simple. ANTINACIONALISTA.

Pódese defender o galego desde posturas non nacionalistas? Pode. Faino Alonso Montero? Véxase o inicio desta anotación.

2 Comments

  1. Timoteo:

    Por concretar disparou Otero, Carvalho Calero e Rosalia. El sabe o seu idioma familiar e o de Rosalia infíreo desta tese. Tira con bala a toda ponla do nacionalismo cultural. Isto aparte do elitismo culturalista pseudoerudito.

  2. xmeyre:

    Pseudoerudito, ben dito, Timoteo. E teimudo. A teima antinacionalista define toda a súa obra. Nada escribiu coa finalidade de engrandecer a cultura galega, e todo por ir en contra dun nacionalismo ao que envexa e odia porque desde o mesmo inicio soubo poñelo no seu sitio.
    Beizón polo comentario.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.