ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o crego e o galiñeiro

Estou lendo A burla do galo, nas Obras completas de Positivas, ese Don Xoán de encarga que Vidal Bolaño peneirou desde Cunqueiro. Moi fiel ao mito orixinal, mais con algunhas reviravoltas que a volven moi ineteresante, como o feito de que o irreverente cómico da comedia clásica ( Ciutti, criado de D. Xoán9 se volve aquí un asisado Porfirio. Á vez estou lendo unah excelente novela, A Asasina de Alexandros Papadiamandis, desas que teñen unha estrutura e estratexia narrativa tan intelixente que te prenden ás súas páxinas.

Mais é a primeira, a de Roberto Vidal Bolaño,  a que non me sae da cabeza. xa non polas súas bondades, senón porque a actualidade política ma lembra decote. Don Esmeraldino, o novo don Xoán, converte Compostela no seu curral particular, no seu galiñeiro particular. E algo así acontece na política.

Fixáronse en que Feixó, no Parlamento, non fala senón que berra coma se estivera mitineando? Claro, como vai haber alguén que lle tusa, no seu galiñeiro quen máis galea él. Por definición e porque sendo do PP pola graza de Deus non pode consentir outra cousa. Igual parece moi esaxarada esta imaxe, mais eu creo que non, penso que se axusta bastante ben á concepción que el ten do que é o Parlamento e do que é ser do PP. El berra máis ca ninguén, el ameaza máis ca ninguén;os demais falan, os demais piden explicacións; el profire o seu mitín particular no Hórreo.

A cousa varía un pouco cando fala fóra do Hórreo. Entón adopta un ton diferente, o ton propio de quen ensina a quen non sabe. Modula, enfatiza, marca os ttempos, a fin de que se perciba ben a lección. Aínda que, máis que a un mestre, se parece a un crego daqueles de pistola ao cinto por baixo da roupaxe eclesiástica, un daqueles que anatemizaban desde o púlpito.

Lamentablemente, a cultura está asusente das súas palabras. Por iso desboto o parecido co mestre.

Mais, se don Esmeraldino ten o seu contrapunto razoábel en Porfirio, non ten Feixó ningún secundario que asuma ese rol. E, máis medo que o ton e maneiras de Feixó falando…prodúcemo a convicción de que non PP xa non é posíbel ningunha personaxe que avogue pola razón.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.