ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

maifesto polos facedores de soños

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 29 Maio 2013 @ 8:57 p.m.

Entre as lembranzas dos anos primeiros 80 que meirande calor me dan, unha. Paseaba cara ao Toural, eu, que volvera de Madrid coa ansia de axudar a construír a patria que nos negaban os casteláns centralistas, os madrileños que me miraran por riba do ombreiro, desconfiados, descolocados e desde un innegábel sentimento de superioridade, cando lles explicaba que a vida en Madrid non me tiña alicientes, e a volta a Galicia abríame un inmenso panorama de esperanza a carón dos meus.

Esa lembranza especial é un libro, unha novela. Pae s. XXI. No comezo dunha nova historia da humanidade. Gárdolle un afecto especial. Cando me viu mirando para el, o amigo que me acompañaba preguntoume que era o que me apampaba tanto. Sinaleille o libro e comenteille algo do horizonte de expectativas que a soa lectura do título me espertaba. A narrativa galega era lago máis que Pedraio, Cunqueiro, Blanco Amor…atrevíase inclusive coa ficción científica. O mesmo se podía dicir da lingua. Convidaba a soñar.

Veño de asinar o Manifesto na Defensa das Editoriais en Galego que promove Héitor Picallo. Ben, son tan despistado que igual o fixen por segunda vez. O caso é que a cegueira cultural e política do PP de Míster Habichuelo ten como fin primordial acabar co galego e coa cultura en galego. Ódiana ferozmente. Obviamente non o din en público. Mais todas e cada unha das iniciativas políticas que levan e levaron a cabo ten como finalidade satisfacer ese odio, e maneira de satisfacelo é moi simple: evitar que se manifeste, poñerlle todas as pexas posíbeis, amordazala, asfixiala, matala. Comprobalo resulta do máis doado: desde que o Míster Habichuelo ( así, en inglés e castelán, seguro que se sente máis lustrado) está na Xunta…non se coñece inciativa ningunha tomada a prol da cultura galega, todo o contrario, todas foron para amordazala, asfixiala, matala…desde o primeiro día  que puxo pé en San Caetano investido da presidencia.

Unha editorial non calquera cousa. É industria estratéxica. Do máis estratéxico que se poida imaxinar. Xa de por si a súa existencia é complicada, vivimos nunha sociedade que á súa vez existe de costas á cultura…sen inmutarse. E se a esta complicada existencia se lle engade o feito de que o poder político xoga na súa contra…pois entón estamos como estamos.

Hai aínda unha cousiña máis, que deixa en cirolas a política de Míster Habichuelo. Non fan nada para mellorar a cultura castelá na Galiza, só saben facer cousas en contra da cultura galega. Xogan en contra de si mesmos, parvos, inútiles malas persoas que son, porque as culturas súmanse. Satisfaraos politicamente a desaparción da cultura galega, porque a odian. Agora cómpre preguntarlle a xente se prefiren ser bilingües, ter dúas linguas ( unha propia e outra de dolorosa propina, mais útil) ou só unha, como en Madrid.

1 comentario

  1. Leopoldo N. Mcbride:

    Máis de 200 profesionais do ámbito do ensino e da música tradicional daranse cita os días 21 de outubro e 1 e 2 de novembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela para participar na terceira edición do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega. Segundo explicou hoxe en rolda de prensa Olimpio Xiráldez, membro da Asociación de Gaiteiros Galegos, o congreso tenta, principalmente, “corrixir unha carencia moi grande no ensino reglada” como é “que apenas se toca a música tradicional” nos currículos. Neste senso, a reunión centrarase en “dotar aos docentes de materiais de ensino adecuados para transmitir os valores da música tradicional”, tanto instrumental como canto e baile. Así mesmo, nesta edición potenciarásen os obradoiros, “que funcionaron moi ben o ano pasado” e constitúen “o complemento preciso para os relatorios”, e reservaranse seis espazos para a presentación de comunicacións. A través desta iniciativa, a Asociación de Gaiteiros Galegos pretende “mostrar a riqueza cultural tradicional” de Galicia e “incidir na importancia que ten la a transmisión destes coñecementos ás novas xeracións” a través do ensino reglada, os conservatorios e as escolas de música. Pola súa banda, o Director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, incidiu na importancia de considerar á música tradicional como “unha manifestación viva e non como unha peza de museo” e fixo fincapé en “a gran incidencia social” que ten esta manifestación.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.