ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

catro libros e unha dúbida e dúas pregunta

Cando eu andaba alternando As vidas de Nito e As actas escuras, de Roberto Vidal Bolaño, nas Obras Completas que publica Positivas, vai e chégame A revoluvión non vai ser televisada, de Rebeca Baceiredo, en Euseino?. Se sempre me interesou moito a narrativa de Xabier Paz, é imposíbel encetar As actas escuras e non sentirse atrapado nela, as personaxes están moi ben perfiladas, como sempre con Roberto Vidal Bolaño. E xa me dirán: quen pode ter nas mans un título como A revolución non vai ser televisada e resistir poñerse a lelo.

Non só é mérito meu, que humildemente mo recoñezo, por esa facilidade con que calquera xénero me atrae. Nin moito menos, a notación de onte xa indicaba, penso que claramente, a grande evoluvión que nos últimos trinta anos ( por poñer un número redondo) experimentou a literaura galega malia non contar ( pódese dicir que nunca, que a excepción é moi cativa) co apoio da Administración ( senón máis ben con, como mínimo, a súa indiferencia).

Mais, se así estaban as cousas, onte chegoume o Carne de Leviatán, de Chus Pato. Sempre me interesou moi vivamente a poesía da Chus, que en cada título evoluciona un proxecto poético absolutamente impresionante, complexo, atrevido, moi sincero,  interlocutor social sen concesións ao finximento ou ao esquezo ou ao descompromiso. Evidentemente taméno encetei. Ben, foi algo máis. Se non me conteño case devoraba a metade do poemario. E non quero dicir máis desa Carne de Leviatán, polo momento.

A dúbida resulta obvia: por cal me decidirei para rematalo antes do domingo pola mañá? Hai que ter en  conta que mañá, a priori, case non vou ter tempo para ler, mais sempre que me pasa algo polo estilo acaba aparecendo tempo por outro lado…

Algún consello?

Porque se collo un, poñamos o de Xabier Paz, non me pasa a mágoa por non ler o de Rebeca, que como é ensaio me come máis tempo. E xa nestas intercalo un pedazo de As actas escuras, que como é teatro se le máis rápido. Si, mais non vou pechar os ollos sen ler ago da Carne de Leviatán.

A pregunta: vale a pena ter un Goberno na Xunta onde ninguén tería arrestos para ler os catro nun ano? Imaxinan o Chuliboy lendo a Rebeca Baceiredo ? Non? Pois se fora intelixente, aínda que non compartira opción filosófico-política, debería sentirse moi interesaso. É o lóxico.

E a esa pregunta súrtelle outra: cantos libros lería o Chuliboy, ou Habichuelo, en toda a súa vida?

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.