ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

cultura, cultura política

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 11 Xuño 2013 @ 6:41 p.m.

Por moito que un queiran, por moito que traten de arredar a cultura deica convertela nunha illa, nun gheto vivencial propio de xentes raras (das que tantas veces se insinúa viviren en desconexión coa realidade), o único certo é que quen manifesta desconexión coa realidade son aqueles que pretenden afastarse da cultura e afastar a xente da cultura. Porque sen cultura a xente non é xente, así de simple, así de contundente. E os resultados, observábeis no acontecer diario son a proba, son a irrefutábel proba.

No día de hoxe coñécese o do “chochito de oro”. Lamentábel, feo, moi feo, de pouco serven as explicacións do autor dicindo que é unha bitácora onde a expresión adoita ser irónica, gamberra.

No día de hoxe coñecese o ataque ao Ateneo en Ferrol. A barbarie atacando a cultura é feliz.

En días do onte lembramos o  asunto de Castelao Bragaña.

A batería de exemplos pode ser moito máis ampla. Continúena vostedes, se for a súa vontade. O que non se pode é desligar toda esta actualidade do episodio “This the chein” de Feixó, hai nada, tan ben tapado pola prensa, tan ben disimulado polos media, ou porque eses media desoñecen a verdadeira trascendencia do acto ou por salvagardar intereses políticos. As dúas causas poden darse simultaneamente e en ningún caso a gravidade é menor.

Si, nada disto se pode desvincular de termos un Ministro de Cultura abosluta e manifestamente inculto. Ou un Conselleiro burricán, fachendoso e incapaz. Volvemos a Feixó e o seu descoñecimento de porque as vacas levan sempre nomes de muller? Lembra? Pois si hai que volver. Formular esa pregunta equivale a ser un inepto cultural, e a ser un inepto no simple exercicio do “sentido común” que  eles mesmos (PP) tanto proclaman, se o seu sentido común non serve nin para algo tan sinxelo….xa me dirán.

Nada disto se pode desvincular das asociacións anticulturais que pasan por asociacións culturais. Pensen en GB se queren. Nesa xente teimando en que Galiza se vexa desprotexida da súa lingua natural, en que quedemos á mesma altura do monolingüismo madrileño.

Lembro, da miña época estudantil compostelá, como os Amigos da Ópera rebentaban os actos culturais que os estudantado se programaba. Sempre se lles respectaba a palabra, palabra que eran quen de manter durante horas de discurso vácuo con tal de que a xente asembleada marchara e o acto se desfixera.

Despois chegan noticias de que os galegos somos dos que menos cultura consumimos…e bótaselle a culpa á situación económica! Parte de culpa claro que a ten. Mais débese lembrar que quen consome cultura é a xente culta, non a inculta. Sen crise Galiza xa tamén andaba polos postos de atrás….

Ou esoutras que din que hai que revisar a Lei de Normalización Lingüística, despois de 30 anos! Non é que teña mal a LNL, o que pasa é que nunca se cumpriu. O que hai que revisar é o interese político en non cumprila, é algo que ten que revisar o PP, non nós! De pouco valerá facer unha nova que tampouco cumpra po rpuro capricho!

Nas mans dos media queda a cousa. E a cousa é sinxela. Seguir vendendo a información como un extra de potas, cromos e outros artiluxios…non é normal. E tampouco é normal seguir usando a cultura como coartada, como lavado de imaxe, diante do lector.

Señores, o tecido cultural é o que permite soñar cun futuro mellor, solventado a dificíl siuación a que nos levou o capitalismo consumista, perigo do que tanto advertiu a cultura. Non hai termo medio. Ou se é cada vez máis tonto, máis burro, ou se é cada vez máis culto.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.