ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o sabor dos libros

As cousas pasan así. Se Carlos G. Reigosa me obrigou a trasnoitar varios noites desta semana-non é demasiado o que ten que dicir, de información para min nova, n´A Galicia máxica de García Márquez, mais cóntao tan ben!- e van agora e entran na miña cas catro títulos novos de Espiral Maior. Claro, é motivo de festa. E foi o motivo da trasnoita de onte, porque me foi imposíbel non petiscar nos catro. Deses catro, un é de Miguel Anxo Fernán Vello, as outras autorías son de xente máis nova. E a miña intención primeira, para hoxe, era a de escribir verbo das diferenzas no tratamento do sentimento ( e do xuízo ) entre autor*s nov*s e “vell*s”.

Porén as cousas derivaron, e, logo de cavilar nesas diferenzas ficabann en min pousos se sabores. Decantábanseme sabores de libros. Teño bastatante claro que a narrativa de Manuel Portas, por poñer un exemplo moi doado, sabe a mar, sabe a salitre, a frescura, a niños de rebeldía e indignación que acollen o bater das augas da razón…Ou Manuel Rivas, a min os libros de Manuel Rivas tamén me saben a salgado, mais este é un salgado máis da suor que do mar, sábenme a tenrura e a cicatriz, sábenme a épica e nostalxia e tenrura, e tamén a indignación mais non quero repetir sabores para que se vexan mellor as diferenzas. Collamos outro nome, Vázquez Pintor; sábenme a súas letras a buxo, a cociña de ferro, a auga en cachón ceive, a verde de prado e de folla perenne, a fondo do mar, a camiños e cumes, á man estendida, a polbo á feira, a pedra e a historia e a paraugas…

Supoño que me entenden. Podería seguir poñendo máis e máis exemplos. Porén non quero quedar “no autor” e si andar un chisco máis para chegar á editorial. Si, á editorial. Porque  a min os libros de Espiral sempre me souberon a primavera e a outono; alecrín e vendima; a soño, rebeldía e licor, e sangue e chuvia e lirios e corazón e inquedanza en virelai. Igual que os de Xerais me saben a cereixa, a andar, á mocidade, á mañá espertando…E os de Galaxia me tiran máis ao cava, o viño de crianza, a neve, a mitoloxía e as constelacións…

Igual non é moito de crítico escribir estas cousas, nada “científico”. Tanto me ten. Quen teña un libro na man e non experimente sensacións inclusive antes de poñerse a ler é que…

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.