ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Xullo, 2013

sexo, violencia e política

Posted: Martes, Xullo 30th, 2013 @ 8:45 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en sexo, violencia e política

Escoitar comentarios sobre a violencia intersexual é pan de cada día. Violencia intersexual, óllese que non uso ese eufemismo “violencia de xénero”, a todas luces escurantista e correspondentemente mentirán. Un pon o pé na rúa, acende o televisor, escoita a radio, e sae o tema. Un tema que, no eido político, ten especial éxito entre […]

Feixó e a apropiación indebida

Posted: Domingo, Xullo 28th, 2013 @ 8:02 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Feixó e a apropiación indebida

Quédanme moi pouco cualificativos cos que definir a Feixó, moi poucos. Se un se fizxa un chisco no ” caso Barcenas” e lle dá por lembrar todoso os casos de corrupción cos que se relaciona o PP…pouco máis lle queda que pensar que este PP de Raxoi e Feixó é un niño de ladróns, ladróns, […]

especial noxo e repugnancia

Posted: Xoves, Xullo 25th, 2013 @ 8:06 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en especial noxo e repugnancia

Sinto especial noxo e repuganancia polas palabras dos políticos en casos como o do accidente ferroviario en Compostela. Véxase, senón, a compunxida expresión de Feixó, cun moi estudado amago de choreira; pouco durou, despois seguiu no ton doctrinal de sempre. Véxase, senón, as manifestacións de  Raxoi “xa mandei”, “un santiagués coma min”. Santiagués Raxoi? Desde […]

MIL NOVELAS MÁIS SOBRE A GUERRA CIVIL, POR FAVOR

Posted: Xoves, Xullo 18th, 2013 @ 3:45 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Estou lendo outra novela sobre a Guerra Civil posterior ao Golpe de Estado executado por Francisco Franco Bahamande contra o lexítimo goberno establecido da República. Trátase de A vitoria do perdedor, de Carlos G. Reigosa. E escribo esta anotación porque vou farto de escoitar iso de “outra novela da Guerra Civil”. Razóns: Primeiro, todos deberíamos […]