ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

especial noxo e repugnancia

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 25 Xullo 2013 @ 8:06 p.m.

Sinto especial noxo e repuganancia polas palabras dos políticos en casos como o do accidente ferroviario en Compostela. Véxase, senón, a compunxida expresión de Feixó, cun moi estudado amago de choreira; pouco durou, despois seguiu no ton doctrinal de sempre. Véxase, senón, as manifestacións de  Raxoi “xa mandei”, “un santiagués coma min”. Santiagués Raxoi? Desde cando?.

Sinto especial noxo e repugnancia polas palabras dos políticos en casos como o do accidente ferroviairo en Compostela. E polo comportamento dos medios de comunicación, das follas parroquiais, dos púlpitos políticos do poder. Viron onte como aceptaron cos dentes regañados que non era un atentado terrorista? Viríalles moi ben, que fora un atentado, viríalles de maravilla para dunha vez teren probas da existencia do terrorismo galego…e así arrearlle un bo golpe ao nacionalismo.

Sinto especial noxo e repugnancia polas palabras dos políticos en casos como o do accidente ferroviario en Compostela. Enchen a boca engrandecendo o labor da xente de  pé. Sempre, sempre é a xente de a pé a primeira en reaccionar, en poñerse á disposición da urxencia  que o caso requira. Sempre, esa xente que eles desprezan, esa xente que eles desprezan fondamente, da que só se lembran cando precisano seu voto. A xente de a pé, son persoas. Os políticos…

Sinto especial noxo e repugnancia polas palabras dos políticos en casos como o do accidente ferroviario en Compostela. Agora moito se oe iso do factor humano, do “erro humano”. Agora. E eu agardo que nalgún intre se pregunten se as condicións laborais, polos políticos creadas, non terán algo que ver en todo este desastre. Agardo, sen moitas esperanzas.

Sen moitas espetanzas porque vós, Políticos no Poder, sei que sodes responsábeis, cada día, de moitas máis mortes das das traxedia de Compostela, de moitas máis sen que vos importedes absolutamente nada. E querédesme convencer agora de que vos importan tanto  os mortos no descarrilamento? Xa!

Cantos levan morto polos desafiuzamentos? Cantos levann morto por unha sanidade que levastes deica cotas de ineficacia, ineficiencia, inexitencia, dificilmente imaxinábeis? Cantos levan mortos enviados por vos a misións humanitarias das que só vos importan os réditos electorais? Cantos levan mortos nos lumes dos que non informades? Cantos levan morto, tragados polo mar, porque as directrices que vós ditades os obrigan a traballar baixo mínimos de seguranza e por catro patacos? Cantos levan morto debaixo dun tractor polas mesmas causas? Seguimos?

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.