ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Feixó e a apropiación indebida

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 28 Xullo 2013 @ 8:02 p.m.

Quédanme moi pouco cualificativos cos que definir a Feixó, moi poucos. Se un se fizxa un chisco no ” caso Barcenas” e lle dá por lembrar todoso os casos de corrupción cos que se relaciona o PP…pouco máis lle queda que pensar que este PP de Raxoi e Feixó é un niño de ladróns, ladróns, por iso da apropiación indebida. Hoxe imos falar doutro caso, outro máis. Porén, antes, quero lembrar que entre os pepeiros, cando do caso Roldán e demais circulaba un chiste que comparaba a González con Alí Babá e o PSOE cos  corenta ladróns. Eu, polo menos, teño probas. Lean:

 Non poderemos borrar o que pasou. Eu pido non esquecer tampouco o que fixemos.

Así remata este artigo.

Pódese falar de cinismo, non sería a primeira vez. Pódese falar de hipocrisía, non sería a primeira vez. Pódese falar de mal gusto. non sería a primeira vez. Pódese falar de inmoralidade, non sería a primeira vez…Pódese. E que non sexa a primeira vez é como o aval de que non se erra no pau. Preocupante, moi preocupante.

E hoxe falamos de apropiación indebida. Vamos, de roubo.

Porque con que dereito usa ese plural inclusivo, ese plurar que o inclúe e que debera unicamente referirse ás xentes que prestaron a súa axuda para procurar unha pronta asistencia aos feridos do desastre de Angrois? Con que dereito? Que fixo el? Absolutamente NADA. Apropiación indebida. Algo bastante habitual no PP. Lembramos as apropiacións indebidas que Fraga fixo do ideario do nacionalista galego? Creo que fora Antón Capelán quen escrribira dous extensos e documentados artigos sobre o tema, en A Nosa Terra. Tampouco é a primera vez, polo tanto.

Preocupante, moi preocupante que os cualificativos antes mentados se lle poidan aplicar todos xuntos. Cínico, hipócrita, inmoral, cun explícito mal gusto endémico, e ladrón. Ladrón, apropiadon indebido. Porque non se pode xogar así co valor, coa valentía, coa abnegación, co humanitarismo exemplares que as xentes de Angrois demostraron diante do mundo.. Cómpre se moi mala persoa para facelo.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.