ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

sexo, violencia e política

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 30 Xullo 2013 @ 8:45 p.m.

Escoitar comentarios sobre a violencia intersexual é pan de cada día. Violencia intersexual, óllese que non uso ese eufemismo “violencia de xénero”, a todas luces escurantista e correspondentemente mentirán. Un pon o pé na rúa, acende o televisor, escoita a radio, e sae o tema. Un tema que, no eido político, ten especial éxito entre a dereita porque lle permite inocular no receptor a mensaxe, tan terxiversadora, de que estea atento sobre todo á  esfera da súa particularidade, onde ha de medir a súa responsabilidade no que tantas veces denominan “lacra social”.

No me podo considerar experto no tema, mais quero facer unha reflexión que bote algo de luz sobre o tema, que proporcione un punto de partida e  favoreza formar opinión que non estea mediatizada e responda á realidade.

Antes de nada cómpre erradicar iso da lacra social. Non se lle pode chamar lacra social ao que en realidade parte dun problema cultural. É mentir. Pénsese que hai menos de cen anos, a muller era pouco menos que considerada  ( e perdóeseme expresión tan dura) un animal doméstico dotado de razoamento, a súa subordinación ao sexo masculino estaba amaparada polas leis e era total e indiscutíbel. Foron séculos e séculos así, non cuestión de moda pasaxeira, foron séculos e séculos de roubo contiuado da voz femina, do protagonismo da muller, foi o que eu considero o meirande latrocinio da Historia. O mundo no que vivimos é froito dun desenvolvemento controlado, manipulado e protagonizado, polos homes. Non se pode agardar que en menos de 40 anos se puxera fin a todo iso.

Igual que a violencia de sexo non se trata de ningún problema individual, porque a sociedade non é un conxunto de individuos inconexos ,como queren as dereitas, porque os individuos sociais sempre contan con algún tipo de organización (política, por exemplo, e cultural, sobre todo)…Pois igual que non é problema individual senón colectivo, e que noné unha lacra social senón problema cultural, pois do memso xeito cómpre procurar responsabilidades políticas nela. Porque as hai. Lembremos que as dereitas sempre apoiaron aquel sistema social que subordinaba a muller, nunca condenaron o franquismo, atodas horas suspiran por devolvernos a sistemas sociais dese estilo. Pénsese, por exemplo, que a contrarreforma educativa de Wert consiste precisamente niso.

Cando escoito falar disto desde o PP…sóame como o regusto do raposo despois de papar as galiñas. Se hai responsabilidade política, como hai, cómpre esixir a asunción desas responsabilidades. Ou non?

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.