ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Agosto, 2013

pensar, que é iso?

Posted: Mércores, Agosto 28th, 2013 @ 6:08 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en pensar, que é iso?

O mundo actual  está deseñado para actuar sen previa meditación do acto que se vai levar a cabo, ou cunha mínima reflexión que en realidade só constitúa unha xustificación da orixe visceral dos actos. Quen procede así é o “cidadán modelo” da sociedade consumista. Unha sociedade na cal resulta certamente complicado atopar algún oco onde […]

extractos de Flor de area

Posted: Sábado, Agosto 24th, 2013 @ 8:03 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en extractos de Flor de area

Un acravaneiro levou o camelo beber na fonte que había na vila. Od veciños protestaron: -O teu camelo non debe beber onde beben os homes. -Fai coma nós, que levamos os animais beber no regato. Ao que o caravaneiro contestou: -Non temades mancharvos porque beba na fonte. A auga que bebe  o meu camelo nunca […]

o PP e o valor das palabras

Posted: Venres, Agosto 23rd, 2013 @ 2:25 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o PP e o valor das palabras

Que o PP perverte o valor das palabras até axeitar o seu significado á realidades que a eles lles interesa transmitir, é un dato que non cómpre demostrar de tanto como a actualidade cho pon diante dos narices. Véxase, senón, o diferente e particular significado que aplica á palabra “imprudencia”. Mentres un xuíz observa conduta […]

Móstoles vs Paradela, ou verdade dobre a santidade de Iker Casillas

Posted: Martes, Agosto 20th, 2013 @ 7:26 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, VARIA NATURA | 2 Comments »

Son moitos meses de polémica Iker Casillas-Diego López, ou ao revés: Diego López Iker Casillas. A ver, que ten que facer o de Paradela para que os madrileños crean qu eé tan bo ou mellor porteiro de fútbol que San Iker? Qué ten que facer, porque, o que é demostrar xa o demostrou abondo. Tampouco […]

conto norteamericano

Posted: Luns, Agosto 19th, 2013 @ 8:52 p.m. in CARA ADIANTE, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en conto norteamericano

  Patty sentou os cativos diante do televisor e sintonizoulles a canle por cabo onde lles gustaba ver os debuxos animados. Jess resmungaba de mala gana, o pequeno axiña se entusiasmou co espectáculo catódico. -Oes, mami, remata pronto que teño unha pregunta moi importante que facerche. Escoitouna dicir mentres subía desfacer as valixas. Despois deitaríase […]

Festival do Castro, fervenza de música

Posted: Domingo, Agosto 18th, 2013 @ 2:40 p.m. in MÚSICA | Comentarios desactivados en Festival do Castro, fervenza de música

Había anos que, por isto ou por aquilo, non volvera polo Festival do Castro. Onte tiven esa oportunidade e foi outra experiencia gloriosa. Na viaxe, Ío e mais eu fomos escitando os Esquíos, e os Liviao de Marrao. Os Esquíos son, eran,  a última descuberta de ÍO. Éncheselle a un o peito de satisfacción cando […]

sensación SHAILA

Posted: Venres, Agosto 9th, 2013 @ 2:28 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, MÚSICA | Comentarios desactivados en sensación SHAILA

  Dúas son as sensacións que máis me están impactando neste verán. A primeira, que nunca vin merán con menos extra-terrestres, eses que marcharon da Terra a xa nunca volveron ser dela. E a segunda, que por casualidade ten nome de fóra da nosa Terra, chámase NAILA SHAMI. En realidade foi ano pasado cando a […]

realidades grotescas deste verán

Posted: Martes, Agosto 6th, 2013 @ 9:13 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en realidades grotescas deste verán

Na anterior anotación preguntábame onde estaba a ficción. Como crítico literario, e máis como persoa da rúa, dóeme, moito, tal pregunta, tal cuestión que parece indicar que o progreso da civilización humana non vai parello ao seu nivel de desenvolvemento industrial. Xa sei, a conclusión non é nova, mais segue doendo. E por moito que […]

onde está a ficción?

Posted: Venres, Agosto 2nd, 2013 @ 12:02 p.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en onde está a ficción?

  Unha das maneiras por min utilizadas para enganar o insomnio, consiste en fechar os ollos e non ver o que pasa no televisor senón imaxinalo. Dese xeito adormezo pouco a pouco, mentres na miña cabeza ten lugar a trama televisiva. Onte tratábse dunha historia de negros, a un secuestrábanlle o fillo e dábase á […]