ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

sensación SHAILA

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,MÚSICA — 9 Agosto 2013 @ 2:28 p.m.

 

Dúas son as sensacións que máis me están impactando neste verán. A primeira, que nunca vin merán con menos extra-terrestres, eses que marcharon da Terra a xa nunca volveron ser dela. E a segunda, que por casualidade ten nome de fóra da nosa Terra, chámase NAILA SHAMI. En realidade foi ano pasado cando a Ío e mais a min nos deixou abraiados nun concerto en Ourense, homenaxe ao Zeca Afonso, absolutamente abraiados, literalmente ccos cabelos de punta.

Onte, por varias veces escoitei o disco NA LINGUA QUE EU FALO, editado por Galaxia cun libro do mesmo título. Trátase dun traballo nun rexistro ben diferente do que escoitaramos en Ourense. Aquí canta a Risalía, poemas de Rosalía, mesturas de poemas de Rosalía, composicións en homenaxe a Rosalía…Trátase dun traballo de rexistro intimista, o cal se nota na instrumentación e no ton dos temas. Que contrasta fortemente coa explosividade alegre dos tons altos coa que sorprende a súa prodixiosa voz, capaz de transmitir colorido emocional en calquera resitro. Dixen PRODIXIOSA VOZ, e non son sospeitoso de esaxero, en todo caso podería selo do contrario.

Porque cada vez que escoitaba o disco ( CD, como queiran chamarlle) quedaba sen palabras, todas me son poucas e ningunha ofrecía a suficiente densiadade sémica para expresar o meu sentir. Porque o cualificativo da súa voz, evidentmente queda curto para designar o conxunto de NA LINGUA QUE EU FALO, que é moito máis que voz. Antes de poñerme a escribir estas liñas, volvino escoitar, todo, un par de veces, porque como os libros, é deses traballos que en sucesivas esoitas gaña sobre as primeiras. Sempre descobres algún novo pormenor, a sutileza emotiva dun novo pormenor, nesta nota, nesta sílaba, nesta palabra, neste fraseo…

Se queren que me decida por algún dos dez temas, vou quedar precisamente co que dá título a álbum. E xa postos, proba definitva da calidade do traballo de Naila, coa “Negra sombra”. “A Negra sombra” non a canta calquera, é un tema moi esixente para a voz, e ademais de voz precísase sentir qu ese canta, por debaixo. E teño que dicir que me admirou como a canta Naila, iso e adaptación dun tema con rexitros altos e baixos á gama intimista de tons que caracterizan o traballo.

Absolutamente xenial!

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.