ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Festival do Castro, fervenza de música

Filed under: MÚSICA — 18 Agosto 2013 @ 2:40 p.m.

Había anos que, por isto ou por aquilo, non volvera polo Festival do Castro. Onte tiven esa oportunidade e foi outra experiencia gloriosa. Na viaxe, Ío e mais eu fomos escitando os Esquíos, e os Liviao de Marrao. Os Esquíos son, eran,  a última descuberta de ÍO. Éncheselle a un o peito de satisfacción cando ve que o seu fillo vai furando pola súa conta, evitando a presión mediática uniformizadora e alienadora. Había tempo que non os escoitara. E os Liviao de Marrao, nesta súa presentación e non o seren paisanos me cega, estes dignísimos sucesores de Os Rastreros, están a conmocionar o panorama da música galega recuperando o espírito bravú, Os Liviao e Marrao

Liviao de Marrao: \” Castahazo Rock\”

xa son unha paixón para os dous.

Antes dixen que os Esquíos eran a última descuberda e Ío, porque xa no Festival do Castro, engadíuselles Caxade, ao que só puidemos escoitar parcialmente porque a fame era moita. Ambos ficamos fortemente impresionados pola frecura e potencia desta banda, á que oímos rememorar aquelas primeiras orquestras dos anos ´30.

Despois chegou a quenda de Zurrumalla, durante a súa actuación tentamos descansar á vezx que nos enchiamos do folk comprometido e consciente dun grupo que, cada vez que o escoito, me leva a pensar en Fuxan  os Ventos ou A Quenlla.

A presentación dos difeentes grupos corría a cargo de O Leo, coa súa irreverencia crítica e pegadiza como a agua do mar. Por certo, a xente maior que eu vin no concerto “escarallábase” co Leo. Tamén vin outros que van de “modernitos” pasar por alí “coma quen que”.

Despois viñeron os Sonoro Maxín. Esgótanseme os cualificativos á hora d falar deles. Ío coñécíaos menos ca min e tamén ficou impresionado. Co Castro de Ferreira, en abarrote, a explosión de forza e alegría era o distintivo do ar da noite. A crónica da música galega actual quedaría eivada sen o nome de Maxín.

A canseira xa era moita, malia os ocos para relax que ns vimos obrigados a facer. Cando  chegou Ruxe-Ruxe. E, créanme, o tempo detívose, deixou de funcionar o minuteiro, o seu concerto  ( e xa digo que malia a canseira, Ío levaba dezanove horas de pé) pasóusenos coma se nada. Sinxelamente incríbel.

Non demos quedado  para os Tashquenti. Mais, na volta non podía faltar música, desta vez da man doutras das paixóns de Ío, que son os Nao, outro grupo que me enagiola co seu rock metálico. Escoitamos o seu último traballo, non cansamos de escoitalo.

Alén diso tiven a emocionente oportunidade de saudar  e ser saudado por ex-alumn*s a s que un se lle enche o corpo de fachenda e satisfacción saber que pasaron polas súas aulas. Paula, Zeltia, Tania, Alba, Mae…Ou alumn*s actuais, como Sara, como Adriana…E perdón por non lembrar todos os nomes, que a emoción era moita.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.