ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Setembro, 2013

a mellor literatura: poesía ( lectura e aventura)

Posted: Luns, Setembro 30th, 2013 @ 1:55 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en a mellor literatura: poesía ( lectura e aventura)

Sería un atrevemento de todo inconsciente sinalar unha localización temática, estilística ou subxenérica onde se poida atopar a mellor poesía. O cambio de paradigama da literatura decimonónica ou moderna (dicímolo polo tipo de lectura) á actual non se completará mentres o letor non asuma o rol activo  protaginsta na lectura, pasando a ser coautor ao […]

a DXT xoga, impune e descaradamente, coas nosas vidas

Posted: Venres, Setembro 27th, 2013 @ 9:19 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a DXT xoga, impune e descaradamente, coas nosas vidas

Non pareza nada hiperbólico o título destas liñas, porque non o é, nadiña. Todos lembramos as famosas campañas publicitario-preventivas da DXT, crúas, insensíbeis eescandalosas.  Pois ben, na miña opinión cómpre responsabilizar directamente á DXT de certos accidentes de tránsito. Como se pode entender que, non habendo modificación ningunha no trazado da estrada, eliminen lugares antes […]

cal é a mellor literatura?

Posted: Xoves, Setembro 26th, 2013 @ 6:06 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en cal é a mellor literatura?

Poñámonos no caso de alguén que quere achegarse ao fenómeno literario sen panos quentes, sen intermediacións ponte até o cerne do fenómeno literario para desde aí irse exteriorizando deica as estremas delimitadoras entre o literario e non literario. (Este non é o camiño habitual, dáme a impresión. Foino noutros tempos, mais hoxe os currículos no […]

sobre a boa literatura, o best-seller e a supervivencia

Posted: Mércores, Setembro 25th, 2013 @ 6:37 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en sobre a boa literatura, o best-seller e a supervivencia

A equiparación entre best-seller e boa literatura non sempe é posíbel, máis ben poucas veces é factíbel. Porén tampouco se pode rexeitar así polas boas, ás veces pasa. Para que iso aconteza ten que se producir que a boa literatuta sexa accesíbel a un grande número de lectores, ou que un grande número de lectores […]

conto lingüístico sobre a morte por democracia

Posted: Martes, Setembro 24th, 2013 @ 9:22 p.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en conto lingüístico sobre a morte por democracia

Chegaron na solporecida, coma os que chegan seguros de si mesmos e de que o asunto hai que resolvelo con decisión e no menor tempo posíbel. Eran conscientes de que algúns non vían con bos ollos aliviar definitivamente as dores da nai cunha píldora que lle procurara o eterno descanso. Ferreiro, por exemplo, era destes, […]

cal é a boa literatura?

Posted: Luns, Setembro 23rd, 2013 @ 9:05 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en cal é a boa literatura?

Entroume no correo, con este título, un artigo no que se reflexiona sobre iso ( para finalizar reclamando como “boa literatura” títulos de best-seller senos cales non se pode entender a historia literaria). Evidentemente é un tema que me apaixona, e, polo tanto, non vou deixar escapar esta oportunidade de repensar, de recuncar nese tema. […]

diálogo anticapitalista na contemplación das marxes

Posted: Venres, Setembro 20th, 2013 @ 6:25 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en diálogo anticapitalista na contemplación das marxes

-Ático ( Arsenio Iglesias Pazos), outra das lecturas que estou facendo esta semana, dáme pé a elaborar unha reflexión a cerca das marxes, tanto na literatura como na vida. As marxes, na literatura, as estremas, albergan discursos dun interses moi grande, cando menos para min, polo que teñen de exploracións, de incursións en eidos pouco […]

a vida antes do Golpe de Estado

Posted: Xoves, Setembro 19th, 2013 @ 6:21 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a vida antes do Golpe de Estado

A facultade de pensar, de razoar e establecer xuízos segundo os cales  guiarnos na vida, é unha das que nos fai humanos. Polo menos no eido abstracto, no das definicións, no categorial. Porque en canto descendemos un chisco, en canto nos circunscribimos á vida real, está claro que no teatro da vida só se representa […]

diálogo sobre a utopía

Posted: Mércores, Setembro 18th, 2013 @ 8:41 p.m. in CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

-De que che serve matinar tanto no que non podes ver. Se non o podes ver é que non o tes diante dos ollos. Se non o tes diante dos ollos é que non existe. Se non existe. para que che vale? Manuel está lendo Os xornalistas utópicos de Manuel Veiga.  Sabe que Xosé non […]

boas noticias na literatura

Posted: Martes, Setembro 17th, 2013 @ 5:44 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en boas noticias na literatura

Paseino en grande a semana pasada lendo Bícame, Frank. Frank Soutelo, para min xa é un amigo máis, un amigo que conta unhas historias deliciosas, aínda que de cando en vez trabuque o  nome do cohes que conduce ou diga que agachado no tanque dun camión o protagonista sentía o pó do desero na cara. […]